Lourenzá, 22 de xaneiro de 2025. O Concello de Lourenzá, por medio da súa alcaldesa, Rocío López, felicita ao cantante laurentino Jonydasvie (Jonathan Dasilva) porque acaba de ser preseleccionado para participar no festival no que se elixe ao representante da República de San Marino en Eurovisión 2025, que se celebrará en maio en Basilea (Suiza). Está na fase previa á semifinal e participará desde A Coruña este xoves.
Jonydasvie, que xa fora preseleccionado por San Marino no ano 2023, explica os motivos polos que decidiu optar outra vez a representar a ese estado en Eurovisión: “decidín presentarme de novo xa que en España non hai oportunidade e na vez anterior tratáronme moi ben en San Marino. Ademais agora tiña creadas dúas cancións perfectas para a ocasión, envieinas e fun seleccionado de novo. Son dúas propostas moi fortes, no meu estilo, electrónico, nas cales estarei acompañado por unhas grandes profesionais da danza”.
O cantante laurentino comenta que a selección para representar a San Marino en Eurovisión “é diferente porque os participantes que non vivimos en Italia temos a oportunidade de facer esta fase dende o noso país. No meu caso este xoves, 23 de xaneiro, farei a actuación desde un estudo de vídeo e gravación da Coruña e estarase emitindo en directo para o xurado do festival de San Marino. Estou na fase previa á semifinal, o quere dicir que nun mes poderíamos estar en San Marino pelexando por ter un posto na final e poder representar a ese país en Eurovisión”.






















Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.
Pasadas as 13:30 horas deste luns, o 112 Galicia tivo constancia, a través de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dun ciclista que se atopaba en parada cardiorrespiratoria no quilómetro 1 da LU-151, á altura da parroquia de Fazouro. De inmediato, os xestores do Centro Integrado de Atención ás Emerxencias solicitaron a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e da Policía Local de Foz. Malia os esforzos, os profesionais sanitarios só puideron confirmar o falecemento da persoa.
A variada oferta de produtos de artesanía e de alimentación de temporada e proximidade á venda complementouse con degustacións de minihamburguesas de carne de raza Limiá e empanada de carne de porco celta e tenreira de raza Caldelá, que se repartiron gratuitamente entre as peroas que fixeron algunha compra no Mercadiño.
Os cortes produciranse do punto quilométrico 2,800 ao final da vía. Habilitaranse desvíos alternativos que estarán debidamente sinalizados.
Cada participante pode presentar unha única fotografía, en papel e formato dixital, seguindo as bases dispoñibles na web da Deputación. A celebración do aniversario inclúe actividades como a Xornada de Degustación da Tenreira de Ancares, unha xornada micolóxica e un obradoiro de rescate na montaña, ademais doutras propostas ambientais e divulgativas nos próximos meses.
A xornada comezará ás 12:00 h cun faladoiro titulado “Vizoso e nós”, no que participarán Pepe Penabade, Pepe Blanco, Caxigueiro, Aurelia Balseiro e Mª Cristina Rubal González, moderados por Antonio Reigosa. Ás 13:20 h abrirase a exposición “Xosé Vizoso. O neno que debuxou un cabalo”, que permanecerá dispoñible durante as festas de San Lucas. A partir das 13:45 h terá lugar o acto de inauguración e descuberta da placa da nova rúa Xosé Vizoso, na Praza da Fonte Vella, coa presenza de autoridades, familiares e amizades do artista. As persoas asistentes recibirán no auditorio unha lámina cunha obra de Vizoso como agasallo.



