Madrid, 22 de xaneiro de 2025. O delegado territorial da Xunta, Javier Arias, participou hoxe na presentación dunha nova edición da colección de guías turístico-gastronómicas “… E para comer, Lugo” na Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur), onde enxalzou a calidade da gastronomía lucense como reclamo turístico.
Arias felicitou á Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería e Turismo de Lugo (APEHL) pola nova publicación, que conta coa colaboración de Turismo de Galicia, e que “máis alá dunha guía gastronómica é unha invitación a deixarse levar polo encanto da nosa provincia e a descubrir os incontables atractivos que albergan os nosos concellos”.
O delegado territorial quixo ademais poñer en valor o traballo realizado no día a día polos hostaleiros lucenses, “que contribúe a impulsar un sector con tanto peso na nosa economía e representa un piar fundamental para consolidar a provincia como destino turístico”.
Por iso, dixo, a asociación “seguirá contando co apoio do Goberno galego, tanto nas campañas promocionais como nas accións de fomento do emprego nos ámbitos da hostalería e o turismo”. Nese sentido, Arias precisou que a Xunta leva destinados 2 millóns de euros a financiar nove programas integrados de emprego en colaboración coa APEHL, que permitiron cualificar a uns 450 profesionais para incorporarse a traballar no sector hostaleiro.


















As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
O percorrido comeza nun lugar simbólico: as pontes sobre o río Sor, que unen as provincias da Coruña e Lugo e marcan un dos vértices do territorio lucense. Con esta iniciativa, Guido Guía propón unha travesía pola diversidade paisaxística, histórica e humana da provincia, destacando a riqueza dos seus espazos naturais, monumentos e comunidades.
O delegado subliñou o importante papel que realiza o tecido social para conseguir melloras en beneficio da veciñanza e dinamizar social e culturalmente a localidade. Neste sentido, lembrou que a Xunta impulsa o movemento asociativo a través de apoios para o acondicionamento dos seus locais ou para o desenvolvemento de actividades.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.
O domingo 20 de decembro a Praza César Chavarría acollerá de 11:00 a 20:00 horas unha nova edición do Mercadiño de Nadal organizado polo Concello de Lourenzá, “unha cita para desfrutar do ambiente destas datas e compartir unha xornada especial na nosa vila”, anuncia a alcaldesa, Rocío López. O prazo de inscrición para instalar cun posto xa está aberto e a participación é totalmente gratuíta. As solicitudes poden facerse ata o 16 de decembro nas oficinas do Concello de Lourenzá ou a través do teléfono 982.121.006.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.
No encontro, abordáronse temas como a posibilidade de colaborar na mellora da formación dos traballadores, destacando a importancia que ten ese aspecto neste sector estratéxico para Galicia. Tamén se trocaron puntos de vista relativos ás condicións laborais dos profesionais do mar.



