Ribadeo, 1 de febreiro de 2025. En Foz haberá doces e cócteles afrodisíacos para celebrar San Valentín do 10 ao 16 de febreiro dentro da campaña de AciaFozCCA para estas datas. A tradicional cita foi presentada polos responsables de dous dos establecementos participantes Xoyma e Anduriña, acompañados do presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, do alcalde de Foz, Fran Cajoto, e da concelleira de Comercio, Kathy Navarro.
O presidente de AciaFozCCA, José Carlos Paleo, explica que “dentro da nosa campaña de San Valentín do 10 ao 16 de febreiro Anduriña e Xoyma ofrecerán doces afrodisíacos e Marexada un cóctel tamén afrodisíaco. Así queremos que a xente celebre o Día dos Namorados degustando algunha destas propostas, que xa son tradicionais nesta campaña de San Valentín. Ademais na hostalería sabemos que hai menús especiais preparados para que poidamos gozar desta data dun xeito especial”.
AciaFozCCA conta para esta campaña coa colaboración da Xunta de Galicia e do Concello de Foz.





















A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos.
O Concello destaca que este logro é resultado do esforzo, da dedicación e da paixón polo deporte que o arqueiro demostra en cada competición, levando o nome de Cervo e do seu club ao máis alto. A administración local subliña o orgullo que supón contar con deportistas que representan valores como o traballo, a constancia e a superación.
A iniciativa forma parte do Plan de Sostibilidade Turística en Destino Xacobeo 2021, financiado con fondos europeos Next Generation. No acto proxectouse o tráiler e un capítulo completo. Tras a estrea, os contidos difundiranse nas redes sociais e no YouTube municipal, e no verán organizarase un novo evento para ver a serie íntegra.
Non deben prematricularse quen continúe co mesmo instrumento nin quen opte a talleres, Música e Movemento, Pandeireta ou Instrumentos Tradicionais, que se inscribirán en setembro. As solicitudes presentaranse no rexistro do Concello ou na sede electrónica, sen garantir praza. O alumnado xa matriculado mantén a súa praza se formaliza a matrícula entre o 1 e o 9 de setembro. A Escola contactará na primeira semana de setembro para confirmar dispoñibilidade segundo o Regulamento interno.



