Foz, 12 de febreiro de 2025. A Concellaría de Educación, en colaboración coa Concellaría de Muller e Igualdade do Concello de Foz, anuncia a convocatoria do primeiro concurso de carteis co obxectivo de conmemorar o 8 de marzo, Día Internacional da Muller. Esta iniciativa está dirixida ao alumnado de Educación Infantil, Primaria e Secundaria Obrigatoria dos seis centros educativos de Foz e busca promover a reflexión e a sensibilización sobre a igualdade de xénero.
O concelleira de Educación, Elena Martínez Pena, explica que “os rapaces e rapazas da nosa vila están convidados a participar creando carteis orixinais e inéditos, que reflictan toda a temática que engloba o 8 de marzo. Poderán abordar temas como a igualdade de xénero, o empoderamento feminino ou a historia do movemento feminista, entre outros”.
O prazo límite para a entrega será o martes 25 de febreiro e haberá un cartel gañador por cada etapa educativa. A entrega de premios terá lugar o 7 de marzo durante a concentración que se celebrará na praza do Concello.
A concelleira de Educación destacou a importancia de involucrar aos mozos e mozas na loita pola igualdade: “este concurso é unha oportunidade para que os nosos estudantes expresen as súas ideas e reflexións sobre un tema tan relevante como é a igualdade de xénero. Queremos que se sintan parte activa deste movemento”.
Pola súa banda, a concelleira de Muller e Igualdade, Ana Rojo, engadiu: “a través da arte e da creatividade buscamos sensibilizar á comunidade sobre a importancia de conmemorar o Día Internacional da Muller. É fundamental que as novas xeracións se comprometan coa igualdade, o respecto e a tolerancia”.
Desde o Concello de Foz animan a todos os centros educativos e ao seu alumnado a participar nesta iniciativa que busca dar voz e visibilidade á loita pola igualdade de xénero.




















Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, polo de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 15 brigadas, 16 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.
A proba, organizada polo CP Altrúan, reuniu máis de 130 palistas dos seis clubs lucenses de augas tranquilas que participan na competición: o propio Altruán, o CD San Ciprián, o Club Kayak Foz, o CP Viveiro Urban Hotel, o Cidade de Lugo e o Club Fluvial de Lugo. O deputado de Mocidade Daniel García entregou os premios da proba, na que Club Fluvial de Lugo, Cidade de Lugo e Altruán coparon o podio por equipos. A Copa Deputación de Piraguismo, que conta de 6 regatas, organízase no marco da colaboración que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo mantén coa Federación Galega de Piragüismo para a promoción deste deporte, ofrecendo aos clubs a posibilidade de participar en competicións federadas nas súas comarcas e contribuíndo así á consolidación de equipos de base.



