Vexo nun xornal, na súa portada, que milleiros de galegos ‘pedían’ onte, día de Rosalía, por unha lingua vital. No interior, a noticia empregaba outro verbo. Alí, os manifestantes (de novo sen número preciso), ‘reivindicaban’. As verbas cárgaas o diaño, aínda que poda ser máis evidente o que se decide dicir e o que se decide non dicir. Vexamos se non o dicionario da RAG.
Alí, ‘Pedir’ é facer coñecer a alguén o que se desexa que dea, conceda ou faga, manifestar o desexo de, solicitar aos pais o permiso (para casar coa filla), desexar ou esperar obter algo de…, solicitar ou suplicar esmola… Os sinónimos van de pregar e rogar a mendigar. Habería que ver o significado concreto que tiña na mente o redactor do titular, que hai abano abondo, pero a deriva xeral do termo coido que está abondo clara.
Imos polo outro termo. No dicionario da Real Academia Galega aparece ‘Reivindicar’ como pedir ou esixir unha cousa á que se cre ter dereito. Pode que clarifique máis o único sinónimo que aparece: reclamar. Xa non se trata da posibilidade de desexo, de concesións, de esperar obter, de solicitar, de suplicar, de mendigar. Non. Reclámase ou esíxese a aplicación dun dereito.
Na práctica, a diferenza está en que os manifestantes non mendigaban, algo que enfocaba o primeiro titular a pesar da foto adxunta que indicaba algo do tamaño da manifestación. Non, os participantes eran conscientes dun dereito do que reclamaban a súa aplicación. Algo que só aparecía no titular do interior do xornal. Reclamábano aplicando a reclamación: o galego, reclamado como lingua vital, foi reclamado en galego, vitalizando a lingua. Claro que o xornal ó que me refiro non acostuma a usar o galego se non é moi por tras do emprego do castelán. Será entón a explicación do mal uso das palabras a súa pouca mestría en galego? Tras botar unha ollada ó dicionario da Real Academia Española, diría que non, que non hai lugar a confusión porque en castelán hai diferenzas semellantes entre as palabras…
Antes de continuar, de novo o dicionario para recalar en ‘vital’: relativo ou pertencente á vida. Que é necesario para a vida. É dicir, esencial. Mais tamén pode ser ‘que demostra vitalidade’, é dicir, a característica do que ten moita actividade, de quen actúa con enerxía e decisión. Iso, polo de ‘lingua vital’. Os manifestantes tíñano claro: o galego é unha lingua vital. Aínda que mirando as estatísticas poda dicirse que xa o ten sido máis e que leva camiño cara a deixar de selo.
E aquí, a continuación: ‘non só se defende a lingua tras dunha pancarta’. Esa cita, segundo o xornal, do conselleiro do ramo, quere orientar a unha visión na que ‘os que van tras a pancarta’ só defenderían a lingua dese xeito, mentres que quen non está detrás dela -como o conselleiro- tería toda unha gama de posibilidades que estaría usando. Sen entrar na cuestión de que defender implica un recoñecemento implícito de que está a ser atacado, polo momento, desa defensa pola súa parte, o que hai é -só e evidentemente- que non ía detrás da pancarta. O resto de feitos indicarían máis ben que está a favor de mínimos para o galego, non da súa ‘defensa’.






















Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.



