Aprobada ademais a tramitación do procedemento para o alleamento dos bens almacenados na nave provincial situada no concello de Begonte por medio dunha poxa á alza que se convocará nas vindeiras semanas
Lugo, 28 de febreiro de 2025. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres a adxudicación, por 1,12M€, dos proxectos de mellora de 7 estradas ao seu paso por 11 concellos da comarca de Lugo, A Mariña, A Chaira e A Montaña. Así o informou o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, tras a reunión semanal celebrada esta mañá no Pazo de San Marcos.
Entre os concellos de Lugo e O Corgo, a Deputación adxudicou os traballos de rehabilitación de preto de 6 quilómetros da LU-P-2904, que comunica parroquia lucense de Conturiz co concello do Páramo. A adxudicataria é Explotaciones Gallegas SL e acometerá as obras por un prezo de 229.889€. As obras afectarán ao treito que vai dende o punto quilométrico 3,717 ao 9 e consistirán na limpeza de cunetas, drenaxe, pavimentación con aglomerado en quente e sinalización correspondente. O prazo de execución, neste caso, será de 2 meses desde o inicio dos traballos.
Pablo Rivera explicou que se trata dunhas obras relevantes porque esta estrada “dá servizo directo a varias parroquias e facilita o acceso a rutas de sendeirismo. E ten moito desgaste porque soporta a diario o tránsito de vehículos agrícolas”.
A institución provincial tamén adxudicou os traballos de mellora da LU-P-2301, que une o núcleo de Guitiriz con Vilares. A empresa adxudicataria é Francisco Gómez y Cía SL por un prezo de 213.322€. As obras afectarán ao tramo que vai dende o punto quilométrico 6,7 ata o 9,2 e consistirán na reapertura de cunetas, a pavimentación con aglomerado en quente e reposición da sinalización. O prazo de realización dos traballos será de 1 mes desde o seu inicio.
Cualificou Rivera Capón que se trata dunha “estrada importantísima para A Chaira porque enlaza a A-6 coa estrada autonómica LU-170 que vai de Parga a Momán, facilitando a conexión con Xermade en sentido á Mariña”.
Francisco Gómez y Cía SL será tamén a empresa encargada dos traballos de mellora dun tramo de preto de catro quilómetros da LU-P-2206, que une en Xermade Roupar e Vilapedre por Lousada. Neste proxecto contémplase tamén a reposición de marcas viais de algo máis de 9 quilómetros da LU-P-6509, a estrada limítrofe que vai de Carrizo ata Lousada no concello de Vilalba.
Explicou o Deputado que as obras que afectarán á LU-P-2206 -do punto quilométrico 1,8 ao 5,5- consistirán na reapertura de cunetas, pavimentación con aglomerado en quente e sinalización. O prezo para as dúas actuacións será de 178.822€ e o prazo de execución previsto é tamén de un mes. Dúas actuacións que, en palabras de Pablo Rivera, que virán tamén mellorar as comunicacións na Chaira.
En Trabada quedou adxudicada a Construciones Isidro Otero SL a mellora da LU-P-6101, que une Trabadela ata a Ría por Sante por 130.776,58€. O tramo que se vai arranxar vai do punto quilométrico 1,3 ata o 3,5 e os traballos consistirán na pavimentación e no repintado da sinalización e o balizamento. O prazo para a realización destes traballos é dun mes e trátase dunha actuación importante porque esta estrada ten moita densidade de tráfico.
Nas Nogais a empresa Servicios Agrícolas y Excavaciones Fonsagrada SLU resultou adxudicataria dos traballos para mellorar a LU-P-3701, a vía que vai desde este municipio ata a LU-P-4504 por Pintinidoira. Concretamente, renovarase un treito de 20 quilómetros, desde o inicio da estrada, con 112.288€. Realizarase a reapertura de cunetas e a reparación de afundimentos cun prazo de execución de 2 meses desde que se inicien as obras.
Rivera destacou que esta estrada “é importante para as comunicacións da Montaña, porque dá servizo ós concellos de As Nogais, Cervantes e Pedrafita do Cebreiro”.
O Grupo Bascuas resultou finalmente adxudicatario, por 259.001,47€, das obras dun tramo de preto de 12 quilómetros da LU-P-2405, que é a estrada que conecta Guntín e Pardellas, en Friol por Entrambasaguas e San Román. Os traballos afectarán ao tramo que vai desde o inicio da estrada ao punto quilométrico 11,972 e consistirán na reapertura das cunetas, pavimentación do firme e sinalización.
“Unha actuación moi importante tanto para Guntín como para Friol, porque vén completar as obras que fixemos este outono nesta mesma estrada entre os puntos quilométricos 13,9 e 14,7 cun investimento de 26.000€ e porque esta estrada dá servizo a rutas de sendeirismo de gran interese, como a de San Román da Retorta, o que incrementa o seu valor non só como vía de comunicación, senón tamén como acceso a recursos turísticos e naturais da zona”, valorou o Deputado.
Poxa dos bens da nave provincial de Begonte
A Xunta de Goberno aprobou ademais a tramitación do procedemento para o alleamento dos efectos almacenados na nave provincial situada no concello de Begonte por medio dunha poxa pública polo sistema da alza. Segundo informou Rivera Capón, nas vindeiras semanas a Deputación sacará a convocatoria deste material, que se publicará na Plataforma de contratos da institución provincial e abrirase un prazo de 10 días para presentar as solicitudes. Os elementos sairán á poxa nun único lote no que se atopan elementos moi diferentes como un camión ou un cortacéspede, elementos náuticos, ferramentas para traballar pedra, un depósito de auga, climatizadores, estruturas metálicas ou elementos para inmobles asistenciais.






















Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Contou con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibiron as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolleu a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destacou a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Ata o domingo achegaronse a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.


