Nota de prensa:
O Diario Oficial de Galicia publica hoxe o decreto polo que se regulan as entidades identificadoras de gando
A través deste sistema, o gandeiro ten a opción de identificar el mesmo o gando ou pode, se así o desexa, encargar este traballo a unha entidade identificadora
Santiago, 9 de novembro de 2010.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe o decreto da Consellería do Medio Rural polo que se regulan as entidades identificadoras de gando bovino, ovino e cabrún e o seu rexistro oficial.
A posta en marcha da Oficina Agraria Virtual, en combinación co servizo de atención telefónica á cidadanía que ofrece a Xunta de Galicia, serve de vehículo na optimización do sistema de identificación de gando. A través deste sistema, o gandeiro ten a opción de identificar el mesmo o gando ou pode, se así o desexa, encargar este traballo a unha entidade identificadora, que se regulan mediante este decreto. A norma ten por obxecto establecer as condicións que teñen que cumprir as entidades identificadoras para prestar os servizos de identificación do gando bovino, ovino e cabrún; definir as súas funcións e crear o rexistro oficial das devanditas entidades.
Entidade Identificadora
Poderán rexistrarse como entidades as cooperativas, as agrupacións de defensa sanitaria, as entidades de aconsellamento, as empresas de servizos veterinarios ás explotacións, etc. que cumpran os requisitos recollidos no decreto. Entre estes requisitos figura ter personalidade xurídica propia, dispor de medios técnicos suficientes para a realización das funcións de identificación e contar con persoal coa formación e experiencia suficientes; entre outros.
A evolución da gandería galega nos últimos anos, caracterizada por unha forte redución no número de explotacións e un incremento dos censos medios por explotación, xunto co desenvolvemento das novas tecnoloxías da información, permiten a formulación de novos sistemas organizativos da identificación bovina, ovina e cabrúa, capaces de manter as ratios de eficacia actuais cuns niveis de eficiencia máis acaídos.
Oficina Agraria Virtual
Neste senso, a posta en función da Oficina agraria virtual representa un importante activo na interacción entre a administración e as persoas administradas. Este instrumento, en combinación co servizo de atención telefónica á cidadanía que ofrece a Xunta de Galicia, serve de vehículo na optimización do sistema de identificación bovina, ovina e cabrúa. As entidades identificadoras poden prestar o servizo aos gandeiros que prefiran delegar a realización das tarefas de identificación nun terceiro. A conxunción ordenada das tres canles permite ofrecer un dispositivo de identificación animal eficaz e eficiente, que cobre a totalidade do territorio de Galicia, baixo o control dos servizos veterinarios oficiais. Estas entidades completan un sistema gratuíto, áxil e eficaz que garante perfectamente os valores da sanidade animal e da seguridade alimentaria supoñendo un aforro para o conxunto da cidadanía de 5 millóns de euros.























A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.
Conta con arredor de 90 expositores provintes de todos os puntos tanto de Galicia coma do resto de España e de varias partes do mundo, que exhibirán as súas pezas de tornería en madeira. Tamén acolle a XVIII edición da Exposición CONtornos. Entre os participantes, destaca a presencia dun expositor provinte da cidade arxentina de Córdoba, así coma outros de Reino Unido, Francia e Portugal. Estímase que ata o domingo se acheguen a esta mostra internacional uns 5.000 visitantes, principalmente provintes de toda Galicia e tamén de Portugal.
O horario será o seguinte: Martes, 20 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas e de 15:15 a 18:00 horas. Mércores, 21 de outubro: de 9:00 a 13:30 horas. As persoas interesadas poden solicitar cita previa a través do teléfono 981 92 80 80 ou da páxina web
A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



