Fai 35 anos que os españois abandonaron aos saharauís permitindo a ocupación ilegal do seu territorio por Marrocos. Dende entón, Marrocos cometeu todo tipo de abusos contra o pobo saharauí: incumpriu todas as resolucións da ONU que instan á celebración dun referendo de autodeterminación, torturou, marxinou e expulsou aos habitantes da súa terra, espoliou os seus recursos naturais, levantou un muro de 2.500 Km. sementado de minas separando a milleiros de familias, e blindouse para que nin observadores de dereitos humanos, nin medios de comunicación, nin outros colectivos, puideran ser testemuñas da represión. ADEGA súmase á denuncia pola gravidade dos acontecimientos que están a acontecer nos territorios ocupados do Sáhara Occidental pola represión de Marrocos e transmite a súa solidariedade ao pobo saharauí. Participa nas concentracións de protesta de hoxe!
Pedimos ao Goberno Español e a Comunidade Internacional, que protexa á poboación civil saharauí, que está sufrindo as duras actuacións policiais que o réxime marroquino aplica no territorio do Sáhara Occidental.
Recentemente, unidades militares e policiais marroquinas teñen entrado no campamento de protesta saharauí de Gdaim Izik, preto de El Aaiún, co obxectivo de desmantelalo pola forza, causando varios mortos, multitude de feridos, pánico e anguria entre os milleiros de homes, mulleres e nenos que pacificamente concentrábanse no campamento reclamando os seus dereitos más elementais.
A brutalidade empregada polas forzas marroquíinas no desmantelamento do campamento saharauí de Gdaim Izik trasládanse agora os barrios da capital da antiga colonia española. Aínda que Marrocos negou que os militares tiveran participado no asalto ao campamento, parece certo que en El Aaiún hai despregado un importante continxente da xendarmería real e do exército. Tamén parece certo que non auxilian os feridos nin os mortos. Non teñen levado a ninguén os hospitais. Rabat insulta a intelixencia o escudarse en que ten actuado contra “delincuentes”.
O Estado de Marrocos, coa súa actitude violenta e antidemocrática, vulnera normas tan básicas como a Declaración Universal dos Dereitos Humanos. Esta proclama no seu artigo 19 que di “todo individuo ten dereito a liberdade de opinión e de expresión; este dereito inclúe o de non ser molestado a causa da dúas opinións, o de investigar e recibir informacións e opinións, e o de difundilas, sen limitación de fronteiras, por calquera medio de expresión”.
Instamos a Unión Europea e de un xeito especial ao Goberno Español, a que faga un chamamento ao Rei de Marrocos para que poña fin a esta tolería de represión e violencia inxustificada, desproporcionada e cruel. O Goberno español ten unha responsabilidade histórica e ten que esquecer a súa grave pasividade ante as vulneracións de dereitos humanos de Marrocos. ADEGA vai dirixir con este motivo sendas cartas á ministra española de Asuntos Exteriores, Trinidad Jiménez, e á alta representante para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade da UE, Margaret Ashton.
Ademais, temos que recordar que o acordo de asociación asinado pola Unión Europea con Marrocos inclúe una cláusula que esixe o cumprimento do dereito internacional e os dereitos humanos, polo que Europa tería que revisar dito acordo pola traxectoria de incumprimentos reiterados e agravada agora polos últimos acontecementos.
Para acabar coa impunidade marroquí, facemos un chamado a sociedade civil a mobilizarse e reaccionar de xeito inmediato. Non se pode deixar que se sigan a vulnerar os dereitos do pobo saharauí. ADEGA vai participar nas concentracións de protesta convocadas e demanda o compromiso da sociedade galega en todas as accións de denuncia da represión sobre o pobo saharauí.


















Nesta edición, a programación céntrase na Idade Moderna en Galicia, combinando sesións teóricas no Real Seminario Conciliar de Santa Catalina con visitas guiadas por Mondoñedo e a súa comarca. O Concello destaca a excelente acollida desta iniciativa e anima a seguir promovendo actividades culturais deste nivel, posibles grazas ao compromiso da USC e ao apoio da Xunta de Galicia.
“A nosa provincia será un dos mellores lugares do mundo para ver este fenómeno e estamos a traballar para estar á altura”, valorou a mandataria provincial.
Categoría Infantil: 1º premio, Celia Blanco. 2º, Mara Blanco. 3º, Nuno Villares. Categoría Primaria: 1º premio, Laia Rodríguez. 2º, Paula Martínez. 3º, Jesús López e Samuel Riera (empate). Categoría Adultos: 1º premio, Unha receita para a felicidade, de Sonia Corral. 2º, O merodeador da néboa, de Manuel Fernández. 3º, Ou lobo ou o can, de Xolo. O Concello felicita a todas as persoas premiadas e agradece a participación de todas e todos os que fixeron deste certame unha auténtica celebración da lectura e da creación literaria.
O Deputado de Promoción Económica e Social, xunto ao Alcalde meirego e o músico berciano, presentaron no Pazo de San Marcos este concerto especial que acollerá a igrexa Monasterial de Santa María, o vindeiro 6 de agosto, ás 21:00 horas.
10:00 h: Apertura do mercado e Andaina histórica por Vilaronte con Moncho Ermida (dificultade baixa). 11:00–14:00 h: Experiencia a cabalo para nen@s (de balde). 12:00 h: Actuación da Charanga Os Sureños. 14:00 h: Sesión vermú con Super Glu. 16:30 h: Contacontos “Contamos contos de lobos” – Ghazafelhos. 18:00 h: Concerto de Tapa D’Orella. Durante a mañá haberá demostración de coiro. Pulpería Suso servirá churrasco, polbo e xamón. Organiza: O Atrio Colaboran: Concello de Foz, Xunta de Galicia, Área de Cultura da Deputación, Centro AD e Fiore Tondo.
Será o sábado 9 de maio ás 20 horas na Casa da Cultura. Homenaxeado: Xesús do Breogán, pola súa contribución á cultura e ao concello. Organiza: Son’s Varadero Foz. Colabora: Concello de Foz
A artista Catuxa Salom presentará o seu espectáculo o sábado 30 de maio, ás 22:30 horas. O concerto forma parte da programación cultural apoiada pola Xunta de Galicia, Xacobeo 2027, Artye e Urdime. As entradas están dispoñibles de maneira anticipada por 12 euros, mentres que na billeteira do recinto terán un prezo de 15 euros. A venda anticipada realízase a través da plataforma Woutick.



