Así o fixeron os concelleiros populares ao absterse no pleno celebrado o pasado xoves tras acadar ese compromiso do PSOE
Foz, 7 de marzo de 2025. Os concelleiros do Partido Popular de Foz favoreceron, coa a súa abstención no pleno celebrado o pasado xoves, o desbloqueo do contrato do ciclo da auga tras negociar co PSOE e acadar o seu compromiso de realizar investimentos no concello nos vindeiros meses. “Seguimos unha liña totalmente coherente xa que sempre defendemos que había que renovar o contrato caducado dende hai oito anos e sacalo a licitación que inclúe o abastecemento, o saneamento e a rede de residuais e sacar uns pregos que, ademais, permitan investimentos na rede que son fundamentais para ter un bo servizo”, sinala o voceiro do Grupo Municipal Popular de Foz, Javier Castiñeira.
Ante esta situación, o Partido Popular brindouse nas reunións previas ao pleno a negociar un voto que permitise non bloquear este contrato e fixo tres propostas ao goberno socialista.
A primeira, para votar a favor, foi a rebaixa dun 30% das taxas municipais para os residentes habituais, para a xente de primeira residencia, para os aboados empadroados en Foz. Neste senso, o voceiro do PP explica que “PSOE e BNG pactaron e realizan, no seu día, unha suba desproporcionada das taxas municipais que sorprendeu aos veciños, incluso de entrara en vigor, e coa que desde o Partido Popular non estivemos de acordo e apostabamos por unha progresivadade. Pero o goberno actual entende que a estas alturas xa non é posible esta rebaixa polo que descartamos o noso voto a favor e ofrecemos varios investimentos para absternos e poder seguir coa licitación do contrato do ciclo da auga”.
Ante esta negativa do PSOE de rebaixar as taxas municipais, os populares propuxeron para absterse un par de propostas que entenden que son positivas e que foron aceptadas polo goberno municipal. Entre elas estarían obras e investimentos que se incluirían no próximo Plan Deputación –o Partido Popular ciñese a propostas que xa fixo en diversos plenos mediante mocións e rogos- e o cambio do céspede artificial do campo de fútbol de Malates –unha proposta que os populares xa levaron en plenos anteriores- sobre o que se lle pasou ao alcalde un orzamento realista coa valoración dos custes e, incluso, os concelleiros do PP de Foz ofrecéronlle ao rexedor a posibilidade de acompañalo á Deputación de Lugo para solicitar a axuda desta administración para esta actuación.
“Queda demostrado novamente que a intención do PP de Foz non é bloquear ao goberno en minoría do PSOE e que, en todo caso, se nos chaman a negociar acudiremos con propostas positivas para os veciños”, salienta Javier Castiñeira.
RESIDENCIA DE MAIORES
“No pleno tamén lle recordamos ao alcalde que ten pendente solucionar o problema da residencia, que el mesmo creou, e que se quere sacar adiante o contrato primeiro ten que poñer enriba da mesa a ordenanza de axudas aos usuarios para mermar a suba desproporcionada de taxas que presentou e tal e como corroborou o TACGAL”, finaliza o voceiro do PP de Foz.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



