Foz, 12 de marzo de 2025. O Concello de Foz presentou no día de hoxe, mércores, alegacións ao proxecto de trazado O Carme – Barreiros da futura autovía da Mariña A-74. En palabras do alcalde, Fran Cajoto: “Agradecemos o esforzo e a inversión que está a facer nos últimos anos o Ministerio de Transportes en Foz. Rematouse a rotonda da Gralleira – Ribela sobre a nacional N-642 e nun breve prazo comezarán as obras para a execución dunha nova rotonda en Cangas, neste caso na intersección coa estrada LU-162 a Ferreira. Queremos que a autovía da Mariña se execute canto antes e estamos conformes co trazado proposto. Neste caso, vimos de presentar alegacións que, sen alterar o deseño da autovía, mellorarían distintos aspectos”.
Unha das principais alegacións refírese ao enlace de O Carme, sobre a estrada LU-152 a Ferreira. “Demandamos á Demarcación de Estradas que transforme o semienlace de O Carme proxectado nun enlace completo, para permitir que veciñas e veciños de Santo Acisclo, Santa Cilla, San Martiño e Vilaronte poidan utilizar esta entrada para desprazarse ata Burela e non só cara a Ribadeo. Hai moitos desprazamentos diarios a Alcoa, que é o gran centro de emprego da comarca, ou ao Hospital da Mariña. Sabemos que a inversión será máis alta pero é unha demanda xusta e necesaria. De non poder incluírse o cambio de deseño neste proxecto, podería engadirse no proxecto construtivo ou a través dun modificado de obra. Non só os veciños, a basílica como punto turístico ou empresas da zona sairían moi beneficiadas con esta mellora”, explica Fran Cajoto.
Outras alegacións refírense á accesibilidade ao camiño da Balsa e á área recreativa do Carme desde a LU-152 en San Martiño, ao tránsito peonil no entorno do enlace de O Carme, así como á mellora da sección e afirmado dalgún dos camiños de servizo proxectados no documento. Tamén se pide para mellorar a permeablidade na Baesta, en Vilaronte, estudar a substitución de dous tramos de recheo por viadutos. “Preocúpanos principalmente a accesibilidade, tanto de peóns como vehículos, nas zonas de proxecto da autovía. Tamén estudamos a permeabilidade para o paso de animais, tanto de gando como salvaxes, e que a infraestrutura non constitúa unha barreira. Xa alegamos antes de acceder á Alcaldía en xaneiro do 2019 e con bos resultados, a casa das Arieiras, en San Martiño, non se ve afectada neste documento: un proxecto bo coma este, con boas achegas, aínda se pode mellorar”, indica o rexedor municipal de Foz.
O alcalde demanda da Xunta de Galicia que “mova ficha” e defina dunha vez por todas a VAC Costa Norte ao seu paso por Viveiro, “para que toda a Mariña poida estar conectada e entre dunha vez no S. XXI. A Xunta de Galicia bloqueou o proxecto de variante mentres en Viveiro houbo alcaldesa socialista. É indignante, absolutamente indignante. Agora que non teñen a quen botarlle a culpa veremos o que pasa, porque quen perde sempre son os mariñáns”.

























O espectáculo participativo A verbena de antes -con O Xeito e Airiños da Freba-, ao mediodía, e unha mostra etnográfica e as actuacións de Amado Lar e A Volta do Agro, pola tarde, protagonizaron o último día das Xornadas, pensadas como un punto de encontro da cultural tradicional galega,e especialmente da comarca da Mariña.
Tamén puxo en valor o labor de Fonmiñá e a importancia dunha cita cultural que cumpre 48 edicións. Para Vilalba, a incorporación da actriz ao Paseo do Cine é un recoñecemento que a vila sente como propio.
A actividade permitiu aos nenos e nenas gozar dun espectáculo de maxia pensado para transmitir, dun xeito ameno e divertido, valores relacionados coa igualdade, o respecto, a convivencia e a eliminación de estereotipos. Con iniciativas como “Abrazando a igualdade”, o Concello de Xove continúa apostando por achegar aos máis pequenos actividades educativas diferentes, propostas culturais e de lecer nas que a cultura, a diversión e a transmisión de valores van da man.
Félix Jorquera conversou co alcalde, Fran Cajoto; coa concelleira de Cultura e Facenda, Inés López; con Pura García, que é directiva de Acia Foz-CCA; con Carmen Alonso, presidenta do Celtas de Foz; e coa dona da cafetería Marexada, Palmira Andrade. Con eles fixo balance do verán, que todos valoraron de xeito positivo, e analizou os proxectos para os vindeiros meses.
Trátase dunha viaxe para dúas persoas con estancia de catro noites nun hotel de catro estrelas en réxime de todo incluído, voos e equipaxe. O sorteo tivo lugar o pasado mes de xuño.
A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.



