O xerente da Fundación Expomar, José M. González ‘Brais’, aproveitou o marco da World Maritime Week, que se celebra en Bilbao del 19 al 21 de marzo, para manter diferentes reunións con empresas do sector e institucións relacionadas co mar
Burela, 20 de marzo, 2025. A World Maritime Week é un encontro referente do sector marítimo internacional, que acolle en paralelo a celebración de catro congresos internacionais referentes aos sectores naval (Sinaval), pesqueiro (Eurofishing), portuario (Futureport) e de enerxías renovables mariñas (Marine Energy Week).
Ao igual que a Feira Expomar, o evento celébrase cada dous anos, polo que a Fundación Expomar aproveita a súa estancia en Sinaval para promocionar a próxima gran cita do sector pesqueiro e naval, que se celebrará no porto de Burela do 7 ao 10 de maio.
Expomar conta cun espazo propio neste certame, que xa visitaron, entre outros, Daniel Voces, director xerente da patronal europea da pesca, Europêche; ou Juan M. Trujillo, presidente da sección Pesca da Federación Europea de Traballadores do Transporte ETF e responsable de Pesca de CCOO; ambos habituais participantes nas Xornadas Técnicas de Expomar.
Asimesmo, desde Expomar tamén se mantiveron contactos con empresas expositoras como o Grupo Viscovo de Italia ou Sicor de Portugal, expositores de grúas mariñas ou aparellos de pesca; ao igual que con diferentes medios especializados do sector ou eventos como Navalia Vigo, outra das principais citas, xunto ás de Bilbao e Burela, para o sector marítimo e pesqueiro cada dous anos.
Segundo José M. González ‘Brais’, “os resultados desta estancia son altamente positivos, pois mantivemos diferentes reunións de traballo que nos serven case como punto de partida para a celebración nosa feira, xa que aquí atopámonos con moitos dos expositores que estarán en Expomar, e cos que nos citamos xa para dentro de sete semanas en Burela”.
A vixésima edición da feira monográfica náutico-pesqueira Expomar 2025 celebrarase do mércores 7 ao sábado 10 de maio no porto de Burela. Nas vindeiras semanas presentarase o programa completo de actividades desta 20ª edición, que volverá servir de excelente plataforma comercial para as principais firmas, fabricantes e administracións vinculadas ao sector pesqueiro.





















Destacou o labor da asociación xuvenil A Rumboia, que en poucas edicións converteu o evento nun referente cultural da Terra Chá e nun motor para o turismo e a economía local. O cartel inclúe Caamaño & Ameixeiras, Ulex, La Txama, Boyanka Kostova, Bea Fernandes e Lucasiito B2B Somiiux. Haberá tamén actividades para todas as idades —xogos, obradoiros, contacontos e artesanía— no campo da feira de Gontán, con entrada gratuíta.
O Parque María Cristina da Caridá volverá encherse de oficios, sabores, música e tradición os próximos días 4 e 5 de xullo
Desde o pasado martes desenvolvéronse distintas competicións deportivas, entre elas os tradicionais torneos 3x3 de fútbol e baloncesto e un campionato de xadrez, nos que participaron preto de 300 mozos e mozas. Villares sinalou que esta convocatoria “é xa un clásico na vila e axuda a proxectar a oferta do Espazo Xove, un punto de encontro para a mocidade que ao longo de todo o ano ofrece distintas propostas de lecer, formación e participación adaptadas aos seus intereses”.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
O delegado gabou o traballo realizado polo Motoclub A Cadeira para dar continuidade a esta proposta logo do éxito do pasado ano, “deixando claro desde a primeira convocatoria o seu poder de atracción e o importante papel de dinamización económica e social que xogan iniciativas deportivas e lúdicas como esta”. Na programación destacan a subida nocturna ao monolito da Cadeira, os simuladores de pilotaxe de moto GP e a exhibición de Stunt3Show, ou unha ruta turística. Ademais, houbo sesións vermú, música en directo, sorteos de premios, acampada gratuíta -cuberta e exterior- e food trucks, entre outras actividades.
A edición deste ano incorpora un novo formato organizativo: as sesións vermú ampliaranse a tres horas na Praza da Constitución e todas as verbenas trasladaranse ao Campo da Feira para mellorar a loxística e facilitar a montaxe dos espectáculos, especialmente nun ano con formacións de gran formato. O programa musical combina orquestras, grupos e DJs para públicos de todas as idades, con citas destacadas como Panorama City, Paris de Noia, Los Satélites, Costa Dorada ou a xira campestre con diferentes propostas ao longo de varios días. Desde o Concello subliñan que as festas son un espazo de encontro para a veciñanza e para quen regresa a Vilalba nestas datas, e que o obxectivo é ofrecer unha programación equilibrada e pensada para que cada persoa atope o seu lugar nunhas patronais que forman parte esencial da identidade da vila.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.



