Vegadeo, 27 de marzo de 2025. Os próximos 4 e 5 de abril, Vegadeo transformarase na capital do mototurismo ao albergar a Feira da Moto e o desafío Rider Extreme 500, dous eventos organizados por Biker Friendly coa coorganización do Concello de Vegadeo, que prometen atraer a entusiastas das dúas rodas de toda España.
A Feira da Moto, que se celebrará no Recinto Feiral de Vegadeo, contará con quince expositores que ofrecerán unha ampla gama de produtos e servizos. Ademais, os asistentes terán a oportunidade de asistir a relatorios de recoñecidos viaxeiros como Fran G. Pallas e Gabriel Vissio, quen compartirá as súas experiencias e aventuras.
Paralelamente, o desafío Rider Extreme 500 propón aos participantes un percorrido de máis de 500 quilómetros con saída e meta en Vegadeo. Este reto, que non é competitivo, ofrece unha experiencia única para descubrir a beleza da rexión a través das súas estradas comarcais. O itinerario exacto darase a coñecer o 4 de abril, día en que os participantes chegarán á zona, e o desafío levará a cabo o 5 de abril, abarcando aproximadamente dez horas de condución.
O alcalde de Vegadeo, César Álvarez, subliñou a relevancia destes eventos para o municipio: “Estamos encantados de acoger la Feria de la Moto y el Rider Extreme 500 en nuestra localidad. Estas iniciativas no sólo dinamizan nuestra economía local, sino que también posicionan a Vegadeo como un destino clave para los aficionados al motociclismo, permitiéndoles descubrir la riqueza paisajística y cultural de nuestra región”.
Desde a organización indican que a feira se presenta como un punto de encontro ideal para compartir a paixón polas motos nun ambiente amigable e festivo. Para máis detalles sobre a cita, os interesados poden visitar a web oficial do evento (https://bikerfriendly.es/) e redes sociais de Biker Friendly.


























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.



