Existe realmente o dereito de toda persoa á vivenda digna e axeitada que afirma o artigo 47 da Constitución? Na Carta Magna, malia a devandita proclamación, non existe como dereito directo, mais si como principio reitor da política social e económica que ha informar a praxe xudicial, a lexislación e maila actuación dos Poderes Públicos. Mais perante os Tribunais este “dereito” só pode ser alegado consonte coas normas europeas, estatais ou galegas que o desenvolvan.
Porén, amplos sectores do constitucionalismo españolista esquecen que a propia Constitución fai dos Tratados internacionais ratificados polo Estado Dereito aplicábel, só modificábel ou derrogábel consonte cas súas propias regras e recoñece a prevalencia do Dereito europeo. Xa que logo, o dereito á vivenda de todas as persoas xurde da Declaración Universal de Dereitos Humanos (ONU) e do Pacto Internacional de Dereitos Económicos e Sociais (ONU) e, no que atinxe ao prevalente Dereito da Unión Europea, da Carta Social Europea que obriga aos Estados Membros a garantir o acceso efectivo a unha vivenda de calidade abonda e facela asumíbel para as persoas que non dispoñan de recursos. O dereito á vivenda é mesmo dereito fundamental a que as persoas carentes de recursos abondo poidan recibir da Unión Europea e/ou do seu Estado unha axuda social e unha axuda de vivenda, consonte ca Carta Europea de Dereitos Fundamentais da Unión Europea..
O problema destes 46 anos de transición é que os Poderes Públicos do Estado demitiron das súas obrigas a respecto da promoción da vivenda a un prezo asumíbel para as maiorías sociais e deixaron en exclusiva a función de promoción da vivenda ao sector privado, malia os termos da Constitución, do Dereito Europeo e dos Tratados ratificados polo Reino de España. Aínda máis. Malia ter sido recoñecida a atribución das competencias de vivenda e planeamento urbanístico e territorial aos Poderes autonómicos, o Estado, a medio de sucesivos e recentralizadores Plans de Vivenda que amortecían a asfixia orzamentaria dos devanditos Poderes autonómicos e-ás veces- a medio da lexislación básica do solo bloqueaba ou, cando menos, dificultaba grandemente calquera iniciativa autonómica para garantir o dereito real á vivenda.
Na Galicia todos os Gobernos autonómicos de AP e do PP deixaron a regulación e provisión de vivenda da man do sector privado, consonte co relato que as organizacións empresariais da promoción inmobiliaria levan publicitando dende 1990 e que se fixo ouvir nomeadamente no 2007-2009 diante da única proposta dunha política pública real de vivenda que existiu na historia do autogoberno deste país: a da conselleira Teresa Táboas (BNG; 2005-09). Táboas xa prognosticaba no 2008 que no inmediato futuro precisaríanse 40.000 vivendas protexidas (para ela e para o seu Goberno ese adxectivo quería dicir “protexida da especulación”) e denunciaba que no Estado español concibíase a vivenda como ben de consumo e de especulación e non de uso. Tamén explicaba con claridade que o problema xurdía do mercado, convertido no único provedor de vivenda e que só atendería, pola lóxica da lei da oferta e da demanda, ás rendas e patrimonios máis abastados.
Certo é que o estoupido da burbulla inmobiliaria posterior á Grande Depresión quitou do foco o problema da nova promoción de vivenda, malia pór no mesmo o masivo despexo das persoas prisioneiras de cláusulas bancarias abusivas nos préstamos hipotecarios empregados para adquirir cadansúas vivendas. Despexos xeneralizados até que o Tribunal de Xustiza da Unión Europea lle impuxo á Sala do Civil do Tribunal Supremo e á xurisdición civil española a necesidade de revisar os contratos na pescuda dunha abusividade de cláusulas (de chan, de gastos, de xuros de demora e, nomeadamente para o efecto de producir o despexo xudicial, a de vencemento anticipado, que privaba da vivenda ao consumidor que fallara no pagamento unha ou dúas cotas mensuais dun préstamo a 25,30 e 35 anos).
Na vindeira xeira analisaremos o agravamento da carencia de vivenda a prezo asumíbel na Galicia, o impacto das vivendas turísticas, da especulación e mesmo dalgunhas manifestacións de xentrificación e debullaremos posíbeis e- sempre- parciais solucións.





















Baixo o título Memoria de mariñáns. Unha crónica da emigración da Mariña, o xornalista e investigador Martín Fernández Vizoso ofrecerá unha intervención centrada nas historias e vivencias dos emigrantes da comarca, ilustrando o fenómeno migratorio que marcou a vida de moitas familias ao longo do século XX. O evento inclúe tamén unha imaxe histórica de mariñáns retornados de América nos anos 30, que serve de fío visual para contextualizar esta realidade.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
En total foron ofertadas preto de 80 prazas de surf, piragüismo e vela, destinadas a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 9 e os 15 anos. As escolas desenvolvéronse en diferentes quendas nos meses de xuño e xullo. O concelleiro de Deportes, Francisco José Silvent, subliñou “a importante participación da rapazada ribadense nas escolas deportivas de verán, que organizamos desde o Concello de Ribadeo coa axuda dos clubs que as impartiron. Queremos agradecer ás familias a confianza depositada nas nosas actividades, que lles serviron aos asistentes para practicar deporte na auga e para pasar uns días aprendendo e perfeccionando técnicas”.
No encontro mantido na sede da delegación territorial da Xunta en Lugo, no que tamén estivo o director territorial da Consellería, Marco Antonio Fernández Piñeiro. abordáronse liñas de cooperación para a mellora de Infraestruturas e de seguridade viaria, de interese para este municipio. O departamento que dirixe M. Allegue segue prestando apoio aos municipios para executar actuacións que contribúan a mellorar a calidade de vida da veciñanza e a reforzar a competitividade económica.
Xa se poden ver auténticas "artistadas", todas coas serea como protagonista, enchendo o ambiente desa creatividade tan propia da celebración.
O corte estará vixente entre as 00:00 e as 05:00 horas da madrugada do venres 7 ao sábado 8 de agosto, co obxectivo de garantir a seguridade das persoas asistentes e o correcto desenvolvemento do evento, que terá lugar nos Xardíns Noriega Varela. Desde o Concello de Viveiro solicítase a colaboración da veciñanza e das persoas condutoras, recomendando planificar os desprazamentos con antelación e utilizar itinerarios alternativos durante o tempo que permaneza vixente esta restrición.
No Campo de Fútbol de As Valgas poderanse ver desde as 21.30 horas as actuacións de Netos de Bandim, chegados desde Guinea Bissau; da Philippine Performing Arts Company, das Filipinas; e do grupo anfitrión O Arco da Vella. Un encontro único de culturas, ritmos e emocións que promete unha noite inesquecible.



