“Ecos do pasado: unha experiencia sonora nas profundidades da terra”, será o vindeiro domingo, ás 12:00 h, para un máximo de 25 persoas
A Pontenova, 8 de abril, 2025. O próximo domingo 13 de abril, terá lugar un evento artístico exclusivo titulado “Ecos do pasado: unha experiencia sonora nas profundidades da terra”, que se desenvolverá nas antigas galerías mineiras da Pontenova, en concreto na Mina Consuelo, que cumpre 100 anos sen explotación. Esta proposta, que transita entre a arte e a natureza, ofrecerá aos asistentes unha sesión de voz e escoita a cargo da artista sonora Paula Pintos, quen transformará este espazo cargado de historia nunha verdadeira experiencia de resonancia e reflexión.
A mina Consuelo, un lugar de espectacular beleza natural onde aínda resoan as pegadas do traballo humano, será o escenario perfecto para que Paula Pintos utilice a súa voz -como xa fixera Mónica de Nut no ano 2022- para interactuar co ambiente, percorrendo os ecos e resonancias que alí se atopan. A través dos sons vocais que se disolven e transforman, os participantes poderán explorar como a vibración da voz pode dialogar coa terra e co tempo.
A experiencia durará 2 horas e media aproximadamente e as persoas asistentes serán testemuñas dunha exploración vocal profunda nunha contorna única e cargada de historia.
Experimentarán como a voz pode transformar un espazo, creando unha conexión intanxible pero poderosa coa contorna. E vivirán unha experiencia inmersiva que convidará a reflexionar sobre a relación entre o son, o tempo e o lugar.
Máis información en: https://xesteco.com/paulapintos/ Ou chamando ao: 633371828






















Era o único ocupante do turismo e os Bombeiros de Vilalba tiveron que excarceralo. Ao fío das 13:30 horas, un particular informou ao 112 Galicia dun coche que se saíra da vía e acabara batendo contra unha árbore no quilómetro 75 da N-640, en Ludrio (Castro de Rei). O propio alertador sinalou que o accidente semellaba grave polo estado no que quedara o vehículo. Cando chegaron ao lugar, os servizos de emerxencias confirmaron que só había unha persoa implicada,un home que resultou falecido e foi excarcerado polos bombeiros. No operativo participaron Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico, os Bombeiros de Vilalba e os servizos de mantemento da estrada.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A alcaldesa Marta Rouco inaugurou a cita, que abriu coa IV Volta Ciclista á Terra Chá e cunha programación centrada na relación entre Galicia e Cuba e na memoria da emigración. Houbo unha mesa redonda sobre o Centro Galego da Habana, a exposición Galicia Imaxinada e música, ademais dunha mostra de xornais antigos. Rouco reivindicou a importancia de lembrar a emigración galega e apelou a mirar con humanidade as migracións actuais, destacando tamén o papel das asociacións culturais das parroquias na conservación das tradicións. A feira continúa con desfile de época, xantar popular, xogos, animación, baile cubano, foliada, queimada e propostas musicais e artesanais ata a noite.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Ocorreu minutos antes das 11:30 horas. Unha persoa foi trasladada ao hospital tras resultar ferida na colisión entre un coche e un autobús no quilómetro 512 da A-8 en sentido A Coruña, en Vilaframil (Ribadeo). Entre os alertadores estiveron as persoas que viaxaban no coche, que puideran saír do vehículo. Por outra banda, o autobús conseguiu deterse uns metros máis adiante. Ao punto desprazáronse Urxencias Sanitarias de Galicia-061, a Garda Civil de Tráfico e os servizos de mantemento da autovía.
O próximo luns 14 de setembro comeza un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
Finalizado o encontro, de carácter privado, o Cónsul asinou no Libro de Ouro da Deputación e a Presidenta fíxolle entrega dun agasallo institucional. Trala xuntanza Carmela López manifestou a súa satisfacción porque “traballamos para avanzar en novas vías de colaboración, e en posibles proxectos que serven para reforzar a relación entre a Deputación e o veciño país de Portugal”.



