Ribadeo, 9 de Abril de 2025. Con data de 24 de Marzo, na páxina web do concello de Ribadeo pode lerse unha comunicación sobre un proxecto de reformas no parque próximo á capela de San Miguel do que se reproduce o seguinte parágrafo: “…garantir a seguridade deste parque, eliminando todos eses setos vexetais e colocando unha varanda de madeira que garanta a seguridade…”
“Calquer lector pode compartir o noso desconcerto dado que non se comprende en que poden perxudicar os setos de ligustros á seguridade dos nenos e nenas usuarios do parque ou ás persoas maiores que pasen por alí. Os ligustros son arbustos que se poden prantar como ornamentais e que tamén fan uns peches de fincas moi densos pola sua ramaxe. Son de folla perenne, ademais da beleza que aportan polo seu verdor e pola mesta floración na primavera, sería ben que alguén mais ilustrado nos iluminase de cales son os danos que poden infrinxir á veciñanza ou se hai algunha enfermedade que poden transmitir ou calquer otra maldade que decoñecemos”.
“Quizás, como no caso das cortas da árbores que denunciamos recentemente, a palabra clave é a eliminación que ten moitas connotacións negativas. Pero non imos entrar en discursos gramaticais, simplemente atopámonos cun novo proxecto de facer desaparecer uns elementos verdes dos espazos públicos aos que se lles denomina setos vexetais sen identificar”.
“Compre suliñar, e hanos de disculpar o lector por este crarexamento innecesario, que para nada os setos son incompatibeis cas varandas de maderira, así que deixamos o tema polo de agora na agarda de algún crarexamento. O tempo polo demais – e en que pouco- vai poñendo as cousas no seu sitio: véxase cómo había que quitar os arbustos da praza Pancho Maseda para deixar pasar as ambulancias e non tardou nen un mes en quedar pechado o paso por unha exposición publicitaria (sen comentarios)”.
“E por certo falando de eliminar perigos e garantir a seguridade, non estaría mal que se acabasen de eliminar os eucaliptos que aínda quedan preto das casas e mesmo a carón de certas industrias de outo risco de incendio. Unha pequeña volta polo rural permitiría identificar en pouco tempo estas circunstancias”.
“Debemos informar tamén que na última xuntanza do noso colectivo estivemos dándolle voltas aos pros e contras do proxecto de trasladar o centro de saúde á saída do casco urbano, a un kilometro do actual e nunha zona de intenso trafego rodado e de difícil acceso, especialmente para as persoas maiores. Sabemos que unhas 700 persoas visitan a cotio os servizos do centro de saude e que a gran maioría van a pé e aproveitan para facer compras ou tomar un café. Pensamos que a Xunta de Galicia e o Concello de Ribadeo cometen un erro histórico quitando o servizo actual do centro da vila e da zona comercial e levándoo a un arrabaldo arredado, incómodo e perigoso, malia que teña a suposta vantaxe dun amplo aparcamento que non compensa os inconvintes amplamente coñecidos. Sabemos que o concello leva adoptado algunhas medidas e acordos na dirección devandita, pero pensamos que se a maioría da xente estiveses mellor informada posiblemente non se chegaría a levar a cabo este proxecto tan negativo ademais de innecesario. En realidade todos somos coñecedores da falla de profesionais sanitarios que non se resolve cun novo edificio”.
“Polo tanto acordamos organizar unha marcha informativa – non unha manifestación – para achegarnos camiñando dende o centro actual ata a zona onde se proxecta o novo e ir tomando nota dos inconvintes e achádegos que nos atopamos, ademais de rexistrar o tempo que botaremos, o trafego rodado e outras incidencias que nos podamos atopar. Avisaremos con antelación para que participen as persoas que o desexen, pero xa reiteramos que non se trata dunha manifestación de protesta senón dun acto cívico para recoller información e para informar a quen esteña interesad@”.




















O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
A programación presentouse na Delegación Territorial de Lugo, nun acto no que participaron o delegado territorial, Alfonso Villares; o alcalde, Francisco Balado; e representantes da entidade organizadora. Villares lembrou que a asociación recuperou o ano pasado a tradicional celebración do Corpus Christi na parroquia e destacou o seu labor impulsando actividades que fortalecen a convivencia. A xornada comezará ás 13:00 horas coa misa e a sesión vermú, continuará ás 15:00 co xantar popular e incluirá sorteos, animación musical, unha cea a base de petiscos e verbena.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
Ao acto están convidadas a directora xeral de Desenvolvemento Rural e Industrias Agrarias, Mª Begoña López Fernández; o director xeral do Medio Natural, David Villar García; así como as alcaldías dos 14 municipios que forman parte da Reserva, entre outras autoridades.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



