A Asociación Cultural Arrincadeira, en colaboración co Concello de Riotorto, organizou as VII Xornadas Micolóxicas, coincidindo coa celebración do Mercado de Outono. Desta volta contamos coa axuda do mugardés José Luis Cuba Crespo, experto micólogo e oito veces gañador do concurso de cestas de cogumelos da feira das Pontes. A saída á procura dos cogumelos foi o sábado día 13, ás 9 da mañá, desde a Praza das Rodrigas. Logo dunha clasificación fíxose unha exposición cos exemplares atopados. O domingo houbo degustación dos cogumelos, en diferentes elaboracións, no marco do Mercado de Outono que se celebrou nas Rodrigas. Por outra banda, citar que o 31 de outubro Arrincadeira organizou un obradoiro para a celebracion da festa das cabazas




















Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



