Alfonso Villares visitou o primeiro dos 10 obradoiros que percorrerán as lonxas de Galicia e Asturias
Burela, 22 de abril, 2025. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, visitou este martes o primeiro dos obradoiros do proxecto Capitán Mareas, que tivo lugar en Burela e que contou coa participación de 25 alumnos de sexto de primaria do C.E.I.P. de Cervo. Trátase do novo programa educativo promovido pola compañía galega de distribución alimentaria Vegalsa-Eroski, en colaboración coa Administración autonómica, para fomentar o consumo dos produtos do mar entre os máis novos e dar a coñecer a actividade pesqueira local. En total, ao abeiro desta iniciativa impartiranse 10 accións formativas que percorrerán as lonxas de Galicia e Asturias ata finais de maio.
O responsable autonómico agradeceu que entidades privadas como a citada se involucren coa difusión da calidade do peixe e marisco que sae das rías galegas, sobre todo, porque conteñen un elevado aporte proteico que redunda no benestar e na calidade de vida das persoas, ao tempo que se contribúe a por en valor a actividade marítimo-pesqueira tan importante en Galicia e no noroeste peninsular. Deste xeito, Villares avoga por impulsar esta concienciación dende as idades máis temperás tanto nos núcleos familiares, como nos educativos e mesmo no eido social. E, neste obxectivo, apelou á implicación neste eido, tal e como está a facer o Goberno galego e a compañía alimentaria.
Xunto ao titular de Mar, no evento participaron a directora de Sostibilidade e Comunicación da compañía alimentaria, Gabriela González, e outras responsables do proxecto, así como o patrón maior da Confraría de Pescadores de Burela e presidente da Federación Nacional de Confrarías de Pescadores, Basilio Otero.
O proxecto ao detalle
Capitán Mareas levará así aos escolares galegos e asturianos a visitar a súa lonxa máis próxima (Burela, Laxe, Ferrol, Ribeira, Fene, Sada, Baiona, Fisterra e Puerto de Vega). Unha vez na rula, os estudantes coñecerán as testemuñas do patrón maior e das mariscadoras, que relatarán o seu traballo diario no mar, as artes de pesca da zona e os diversos produtos en función da época do ano. Ademais, comprobarán como é o proceso de poxa.
Deste xeito, os beneficiarios da iniciativa tomarán conciencia da importancia dunha alimentación saudable e do peixe e marisco máis destacado de cada tempada para poder elaborar un menú semanal por equipos. Estes coñecementos poranos en práctica da man dos chefs galegos de A Artesa da Moza Crecha, Lolo Mosteiro e Paula Martínez, que se encargarán de ensinar a preparar aos escolares unha receita equilibrada cun peixe de tempada, que vai variando en función da lura.
O proxecto, impulsado por Vegalsa-Eroski, e apoiado por Mar, conta co respaldo do Grupos de Acción Local de Pesca (GALP) A Mariña-Ortegal, Costa da Morte, Ártabro Norte, Ría de Arousa, Golfo Ártabro Sur, Ría de Vigo-A Guarda, Seo de Fisterra-Ría de Muros e Noia, Costa Sostible, e CEDER Navia-Porcía, ademais do das Confrarías de Pescadores de Burela, Laxe, Ferrol, Fene, Ribeira, Sada, Baiona, Fisterra e Puerto de Vega, e da Dirección Xeral de Pesca Marítima do Principado de Asturias.
Compromiso coa dieta saudable
Vegalsa-Eroski, ao igual que o Goberno galego, leva anos sensibilizando aos futuros consumidores nos hábitos de vida saudables. A través dos programas Visita tu súper e Mates en tu súper, a compañía organizou máis de 900 obradoiros nos que achegou os supermercados a máis de 22.000 escolares, ensinando de forma práctica e divertida os beneficios de levar unha alimentación sa.
Esta compañía conta en Galicia, Asturias e Castela e León con 287 establecementos propios e franquiciados. A súa estrutura comercial compleméntase cunha moderna plataforma de mercadorías loxística de última xeración, ademais das instalacións de produtos frescos de A Coruña e centros de distribución en Vigo e Ourense. Máis de 7.350 persoas conforman esta firma empresarial.





















A iniciativa, impulsada por Pilar García Porto para celebrar o Día da Transrománica, desenvolveuse en cinco xornadas con 16 rutas guiadas e gratuítas que puxeron en valor o patrimonio románico da provincia. A alta demanda en concellos como Taboada, Sober, Antas de Ulla, Viveiro ou Pantón confirma o interese polo turismo cultural e avala o modelo da Deputación, baseado na valorización do patrimonio como motor económico e social. As rutas permitiron descubrir o románico das Terras da Ulloa, da Ribeira Sacra e da capital lucense, consolidándose como unha proposta estable dentro da estratexia turística provincial.
Celebrouse no marco das festas de Vilamar, en Barreiros.
Trátase dunha mostra apoiada pola Xunta que pon en valor o patrimonio histórico, artístico e xacobeo do templo. Comisariada polo historiador Daniel Manuel Vázquez Vila, a exposición reúne oito paneis de carácter didáctico que repasan a historia do santuario, as súas pinturas medievais, góticas e marianas e a súa relación cos Camiños do Norte. O acto enmarcouse no inicio das festas, que concluíu coa lectura do pregón a cargo de Carmen Rodríguez Cancelo.
Durante a visita, destacou a importancia do evento para impulsar a comercialización do produto artesán galego, achegar os oficios á sociedade e reforzar a marca Artesanía de Galicia como sinónimo de calidade e traballo feito á man. Nesta edición participaron 20 obradoiros inscritos no Rexistro Xeral de Artesanía de Galicia, especializados en marroquinería, cantería, xoiería, cerámica, forxa, bordado ao aire, cestería, xoguetes, tecido, debuxo, vidro, elaboración de roupa, bixutería, sombreirería e complementos de moda.
Os premiados e recoñecidos queixos de Gandería Quintián foron os protagonistas. Os asistentes puideron ver a elaboración de diferentes receitas, que despois tiveron a oportunidade de degustar. A Gastropraza está organizada polo Concello de Ribadeo, a asociación de Cociñeiros Lugo, a Xunta de Galicia e Acisa.
O acto contou coa presenza do alcalde, Carlos López López, e de representantes institucionais de ABANCA e Afundación. A mostra, que poderá visitarse na Casa da Cultura ata o 3 de xullo en horario de 14.00 a 20.00 h, forma parte do proxecto «Corrente cultural», co que Afundación impulsa a difusión artística por toda Galicia. A exposición reúne corenta fotografías procedentes dos arquivos da Axencia EFE que retratan a emigración española e galega ao longo do século pasado, ofrecendo unha mirada humana e documental sobre a historia de millóns de persoas que tiveron que abandonar o seu país para sobrevivir.



