José Tomé Roca informou que a Deputación de Lugo xa iniciou varios traballos deste Plan de mellora das estradas 2025, que cun investimento conxunto que supera os 15M€ ten previsto mellorar 400 quilómetros de vías por todo o territorio lucense
Lugo, 24 de abril de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, avanzou este xoves no Pazo de San Marcos a posta en marcha do segundo paquete de actuacións que se acometerán na rede viaria provincial cun investimento de 3,5M€. “Neste caso serán un total de 16 proxectos que servirán para arranxar, mellorar e acondicionar máis de 120 quilómetros de estradas da nosa provincia ao seu paso por 20 concellos”, detallou Tomé Roca.
“Sabedes que temos un compromiso moi importante coa mobilidade. Non son palabras, son feitos”, valorou o mandatario provincial. Recordou que ese compromiso tradúcese en 27M€ -máis do 21%- dos Orzamentos 2025 destinados a conservar, manter e mellorar a rede viaria da provincia, “a máis extensa de toda España, temos que recordalo, con 4.217 quilómetros de lonxitude e tres veces maior que a da Xunta de Galicia na provincia de Lugo”.
Este novo investimento, que se enmarca no Plan de mellora das estradas 2025, súmase ao primeiro paquete de obras para acadar un investimento conxunto que supera os 15M€ para acondicionar 400 quilómetros de vías por todo o territorio lucense.
Destacou o Presidente que dos 80 proxectos iniciais, a institución provincial xa ten en proceso de contratación o 65% das obras e que varias están en marcha. Puxo o exemplo das actuacións que está a acometer a Deputación na Avenida Infanta Elena en Lugo ou no Cinto Comarcal á altura do Corgo.
As novas actuacións anunciadas estes días serán “diversas en todas as comarcas da provincia. Traballamos como fixéramos xa no primeiro paquete, da man do equipo técnico da área de Vías e Obras da Deputación de Lugo para a análise e a diagnose das prioridades. Así establecemos novamente unha folla de ruta sobre as actuacións máis necesarias nas estradas provinciais que non ten que ver cos intereses partidistas nin persoais que si motivan a outras Administracións”.
“Fíxense que dos 20 concellos polos que pasan as estradas que imos arranxar neste segundo paquete hai 10 gobernados polo PP”, apuntou José Tomé. E puxo algún exemplo das actuacións previstas pola Deputación:
Na Mariña, a Deputación mellorará seis estradas, nos concellos de Lourenzá, Mondoñedo, Riotorto, Trabada e O Vicedo. Neste último municipio a institución provincial actuará na LU-P-6401 e na LU-P-6402, que conectan entre si e que comunican no Vicedo varias parroquias como Suegos, Falcoeira -no límite provincial coa Coruña- e o Cristo de Portapena.
As comunicacións da Montaña mellorarán con catro novas actuacións da Deputación nas estadas provinciais ao seu paso polos concellos de Ribeira de Piquín, Pedrafita do Cebreiro, Navia de Suarna ou Castroverde.
En Pedrafita, o Presidente anunciou que a institución provincial investirá preto de 400.000€ nun novo tramo da LU-P-1301 que conecta con Seoane do Courel polas parroquias de Hospital e Vilela. “Unha vía vital para as comunicacións da Montaña e na que levamos investido máis de 1M€ para o seu ensanche, drenaxe e mellora do firme en diferentes tramos”.
Na Terra Chá a Deputación mellorará estradas en Guitiriz e Castro de Rei. En Castro de Rei acondicionará a LU-P-1107, que é a estrada que conecta con Rábade desde a autonómica LU-115 á N-VI e que dá servizo a recursos importantes para a provincia como a Casa das Ínsuas.
“Tamén seguiremos mellorando o Cinto Comarcal á altura do Corgo, como sabedes esta é unha vía moi extensa, con 131 quilómetros. Xa no paquete anterior reserváramos cinco proxectos á altura do Corgo, Castro de Rei, Castroverde e Begonte, varios deles xa en marcha”, explicou o Presidente, que avanzou que grazas a este segundo paquete a Deputación investirá outros 150.000€ para mellorar outro quilómetro e medio desta vía vital para as comunicacións da provincia.
Na Ribeira Sacra a Deputación acondicionará con cargo a este segundo paquete do Plan de mellora das estradas 2025, vías ao seu paso pola Pobra do Brollón e Sober. Puxo o Presidente como exemplo a LU-P-5903, “melloraremos máis de seis quilómetros da estrada que une Sober e Doade, unha vía importante para a comarca e para toda a provincia que dá servizo a veciños, turistas e bodegas”.
Avanzou o Presidente que neste segundo paquete xa están licitadas as obras para mellorar dúas estradas: a LU-P-4702, que conecta na Ribeira Sacra Vilachá de Salvadur coa Estación da Pobra do Brollón; e a LU-P-0301, de Antas de Ulla ó límite provincial.
“Sabedes que para nós a mobilidade é un factor clave para o equilibrio territorial, que dinamiza económica e socialmente a provincia axudando a fixar poboación. Así o demostramos cada día con feitos e traballo”, valorou Tomé Roca. Sinalou que desde que chegou á Presidencia da Deputación, no 2019, o incremento en mobilidade foi de máis do 42%, pasando dos 19,4M€, aos 27M€ deste ano.
Antes de finalizar, valorou que desde o Goberno provincial “seguimos traballando, con eficiencia e compromiso, lonxe do ruído que fan outros, porque entendemos que é a mellor maneira para ser útiles ós concellos, ó tecido económico e ós veciños e veciñas da nosa provincia”.





















A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.



