A formación, baseada no Método MAS, busca dotar ás participantes de ferramentas físicas e mentais para actuar ante situacións de risco
Burela, 30 de abril de 2025. O vindeiro 10 de maio, o Concello de Burela acollerá un Taller de Defensa Persoal dirixido a mulleres a partir de 16 anos, que se celebrará na Aula de Familia da Casa da Cultura. A actividade desenvolverase en dous grupos, un en horario de 10:00 a 14:00 h e outro de 16:00 a 20:00 h.
O taller está baseado no Método MAS, unha metodoloxía específica de defensa persoal feminina que combina o adestramento físico e mental para facer fronte a situacións de risco. Ademais de proporcionar técnicas de defensa, pretende axudar ás participantes a recoñecer sinais de perigo, actuar con prevención e evitar situacións violentas.
Esta formación céntrase en cinco puntos clave que permiten ás mulleres controlar corpo e mente, evitando que o medo paralice e dificultando así a reacción ante unha ameaza.
A actividade está organizada polo Centro de Información ás Mulleres (CIM) e enmárcase no Acordo de Colaboración entre a Consellería de Política Social e Igualdade, a través da Dirección Xeral de Loita contra a Violencia de Xénero, e a Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP), para conformar unha Rede de entidades locais contra a violencia de xénero.
As mulleres interesadas poden inscribirse a partir do venres 2 de maio no CIM (situado na Casa do Concello), chamando ao teléfono 982 58 06 09 ou a través do correo electrónico cim@burela.org. As participantes menores de idade deberán contar cunha autorización da nai, pai ou titor/a legal.


























O acto inaugural terá lugar no exterior da Casa do Concello ás 12.00 horas. O primeiro espectáculo será a proposta itinerante ‘Animacreques’ da Compañía Catropés. A xornada completarase coa representación ás 13:00 horas na Praza da Pulida de ‘Historias para escagharriñarse’, da Compañía Teatro Ghazafelhos. Posteriormente, ás 21:00 horas e no mesmo escenario, a Compañía Colectivo Glovo representará ‘Tríade e Alleo’.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.
Desde a entidade explican que “con este paso estratégico, la firma busca integrarse activamente en el tejido económico del municipio y colaborar de forma estrecha en la promoción de un modelo de turismo sostenible, desestacionalizado y respetuoso con el entorno natural…”. Engaden que “creemos que para proteger nuestro entorno primero debemos aprender a amarlo” e que “nuestra incorporación a ACISA representa una oportunidad idónea para crear sinergias con la hostelería, el comercio y los servicios locales”. Tamén sinalan que “la adhesión a la patronal ribadense refuerza el compromiso de la empresa con la calidad turística planificada de la zona”. Máis información en 



