Burela, 3 de maio, 2025. O conxunto feminino do Burela FS disputou este mediodía a semifinal da Copa da Raíña noutro derbi galego, o xa clásico Derbi dás Costas, ante o Poio Pescamar FS. Partido moi competido no que a calidade do futsal galego se mostrou en pista cun partido que se resolve ao final da segunda parte.
Arrinca o derbi con ocasión a segundos do comezo, Elena desvía un remate de Noelia Montoro a pase de Dinha que puido ser o primeiro tanto do partido. Continúa o xogo con ocasións por parte de ambos os equipos, no 3 Caridad salva un lanzamento de Ale de Paz e dobre parada de Elena a dous potentes disparos de Emilly no 6. Paradón de Elena no 9 que desvía un disparo cruzado directo nunha falta perigosa que executa Emilly con moita puntería. Un minuto despois váiselle por preto do segundo pau a Ale de Paz nun disparo cruzado. Poucas finalizacións nos próximos minutos, con moito xogo de control, xogo parello no que ningún dos dous equipos logra chegar a portería. Atrapa o balón Caridad a un disparo de Elena Aragón tras unha transición noutra frustrada ocasión das mariñás. Poucas ocasións máis e unha última de Emilly cun disparo afastado que se vai por encima da portería.
Comeza a segunda parte e primeira ocasión clarísima no minuto 3 cun pau de Emilly que se zafa da defensa rival e dispara con moita precisión, potencia e axilidade de lonxe. Unha das ocasións máis claras do partido, lánzaa fóra Candela dende case a liña de meta nun rexeite tras unha carreira pola banda e disparo de Ale de Paz que detén Caridad no minuto 26. Defensa férrea por parte das pontevedresas que frustran o caracter ofensivo do Burela. Saque de banda para o Poio que saca co pé cun disparo raso directo a portería que se coa entre a defensa das de Julio Delgado atopándose con Caridad, que non logra atrapar o balón, aproveitando Laura Uña o rexeite dende o segundo pau e anotando o 1-0. Volve tela Laura Uña no 31, nun contragolpe tras unha perda de Antía, chegando a xogadora cántabra que non logra definir con precisión mandándoa fóra. E chega o empate dous minutos despois cun trallazo de Dany desde a área nun rexeite tras un disparo afastado de Antía Pérez. Adiántase, tras moito afán, o Burela cun golazo de Emilly nunha xogada individual incrible pola frontal da área índose da defensa pontevedresa e realizando un disparo escorado de 10 que fulmina a portería. Presionan as de López-Tulla con xogo de 5 con Chuli de porteira-xogadora, presionando a partir do minuto 38. Pau no 39 tras un disparo longo de Cami a portería baleira. Aparece Caridad no último minuto desviando a córner o balón tras un disparo de Chuli desde a frontal.
O Burela clasifícase para a final da Copa da Raíña, que se disputará mañá no mesmo pavillón ás 16.00h ante o clasificado da primeira semifinal, o Melilla Ciudad do Deporte Torreblanca, que superou ao FSF Castro Bloques cando nos penaltis cun resultado final (4)(2-2(3), repetíndose a final da Supercopa. O encontro será retransmitido a través da canle pública Teledeporte.
Ficha Técnica Poio Pescamar FS 1-2 Burela FS
Poio Pescamar FS (1): Elena; Élia, Laura Uña, Martita, Elena Aragón –cinco inicial-, Ale de Paz, Irene, Candela, Chuli.
Burela FS (2): Caridad; Dany, Dinha, Noelia Montoro, Emilly -quinteto inicial-, Cilene, Patricia, Cami, Carolina Pedreira, Débora, Antía Pérez.
Goles: 1-0, min. 31: Laura Uña. 1-1, min. 33: Dany. 1-2, min. 36: Emilly.
Árbitros: Mayra Araújo, Lidia Crespo Pardo, Marta Garvalena Crespo, Lucía Guillén Lahoz, Julia García Olivares
TA: Por parte do Poio Pescamar FS, Ale de Paz. Por parte do Burela FS, Patricia.
























A convocatoria está fixada para as 19.30 horas no salón de sesións da Casa Consistorial. Un dos puntos da orde do día inclúe a proposta para designar as festividades locais de 2027. Tamén se presentarán dous expedientes de recoñecemento extraxudicial de crédito. Ademais, a corporación someterá a aprobación as actas das sesións celebradas os días 8 e 15 de xullo. A orde do día completarase coa parte de control, na que se dará conta das resolucións da Alcaldía e se abrirá a quenda de rogos e preguntas.
Estiveron acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, para gozar das diferentes piscinas e tobogáns deste parque acuático. A viaxe estivo organizada polas Concellerías de Xuventude e Deporte e pola Oficina de Información Xuvenil dentro do programa Verán a Tope en Xove 2026.
O prólogo é da profesora de Debuxo Camino Casabella Pumares, artista con raíces no Alfoz do Castrodouro, que participará na presentación xunto ao presidente do colectivo. Cinco dos pintores estarán presentes no acto, xa que Alaxe faleceu hai tres anos. A portada do caderno é obra do ilustrador Xosé Blanco. O evento celebrarase o sábado 8 de agosto ás 20:00 horas no castelo do Castrodouro, en Alfoz do Castrodouro.
O evento, organizado pola Asociación Cultural Xuvenil O Castelo reuniu a numerosos veciños e visitantes e celebrouse durante catro días. A programación incluíu actuacións musicais, actos relixiosos, xogos tradicionais e unha comitiva da camións, coches e motocicletas que percorreron todas as parroquias deste concello mariñán.
Villares destacou que a Administración autonómica reafirma o seu compromiso con esta cita, adicada a enxalzar a calidade deste produto do mar e a poñer en valor o esforzo dos profesionais do sector. Así mesmo, subliñou a importancia das festas gastronómicas na promoción turística e na dinamización económica da zona.
Este lume comezou o pasado mércores ás 13,35 horas e afectou finalmente unha superficie de 31,5 hectáreas de monte arborado. Para a súa extinción mobilizáronse, en total, 2 técnicos, 13 axentes, 27 brigadas, 24 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
Félix Jorquera pasou polos micrófonos de RadioVoz no Barco Museo Boniteiro Virxe do Carme ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.

