Non, non é unha equivocación… este mércores 7 de maio cumpríronse 80 anos do remate da segunda gran contienda mundial que provocou a morte de máis de 80 millóns de persoas, case un 2% da poboación mundial. Ese día, Alfred Jodl, xefe do mando de operacións da Wehrmacht, que fora o designado para negociar a rendición de todas as forzas alemanas co xeneral Dwight D. Eisenhower, asinou a acta de capitulación militar.
Este panorama apocalíptico e catastrófico sería motivador dos grandes cambios sociopolíticos que virían nos anos seguintes. A creación das Nacións Unidas (que sustituía ao fallido intento da Sociedade de Nacións) e o sentimento, e o convencemento, de que o mundo non podía permitirse outra hecatombe similar propiciarían pouco a pouco un cambio de mentalidade económica, financieira e, por lóxica, das relacións internacionais en todo o orbe civilizado. Tanto o discurso de sir Winston Curchill na Universidade de Zurich o 16 de setembro de 1946, como o do ministro francés Robert Schumann o 9 de maio de 1950 foron os axiomas indiscutibles da nova idea de Europa.
Ese xesto verbal de tender a man aos antigos adversarios para borrar os resentimentos da guerra e iniciar un proceso de novas relacións internacionais que, desde a soberanía de cada nación, permita un futuro en común, supón o marco fundamental e fundacional da idea novedosa de Europa.
O camiño foi longo e plagado de conflitos…. Europa seguiu debaténdose en episodios de enfrontamentos e de imposición de límites ideolóxicos que puxeron, e poñen aínda, en xaque ese marco fundacional. Teríamos que vivir o reparto de Alemaña e as frías consecuencias desta división, e os cambios drásticos en Checoslovaquia, Rumanía, Bulgaria, Hungría… que ían xerar inquedanzas e temores no resto de nacións, tanto en Europa como e América, e cuxas consecuencias aínda laten hoxe social e politicamente. Pero estes conflitos nunca implicaron directamente a ningún dos integrantes da Unión Europea.
Hoxe en día as circunstancias económicas seguen a dividir e enfrontar os países, e os distintos intereses e tradicións marcan os debates políticos tanto dos gobernos como dos propios cidadáns e cidadás, pero fronte a todo este panorama que empaña a imaxe alentadora que figura nos alicerces da Unión Europea, os logros e os valores conseguidos deben permanecer incólumes. A libre circulación da cidadanía, o intercambio de bens, a permeabilidade da cultura… pero, sobre todo, a convivencia pacífica asegurada a través dos principios democráticos (e que hoxe en día, desde dentro e desde fora dos nosos límites, estase a poñer en perigo) deben manter o grao de consecución e seguridade que nos permitiu convivir estes 80 anos, e que deben ser só un comezo do que pode dar de sí a convivencia entre os pobos.
Por toda esta historia e por todos os cidadáns e cidadás que a fixeron, fan, e seguirán facendo posible, por unha sociedade que se manteña en PAZ e en PROGRESO, temos que celebrar unha vez máis o DÍA DE EUROPA.
Manel Yáñez Dablanca. profesor de Filosofía

















A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
O 112 Galicia tivo constancia dos feitos contra as 19:30 horas deste venres, a través dun particular que se atopaba no punto: un coche que participaba nunha proba de rallye en San Fiz de Paz (Outeiro de Rei) perdeu unha roda, e esta acabou golpeando a un espectador, quen precisaba asistencia sanitaria. De inmediato, desde o 112 Galicia informouse a Urxencias Sanitarias de Galicia-061 e os axentes da Garda Civil. Foi a propia organización do evento a que se fixo cargo do traslado.
O paseo polas rúas da vila xunto as Sanluqueiras e Sanluqueiros e o pregón de Luis Rego marcaron o arranque oficial das feiras e festas mindonienses, que chegan este ano a edición 870. A Vicepresidencia da Deputación de Lugo colabora de forma estable e continuada coa Asociación As San Lucas de Mondoñedo, cunha achega da área de Cultura que este ano -coincidindo coa 870 edición- incrementou dos 20.000 aos 30.000 euros.
Trátase dunha iniciativa que favorece a colaboración entre o tecido asociativo e o voluntariado para mellorar e conservar as contornas naturais do municipio. Os traballos centráronse na limpeza deste espazo costeiro, contribuíndo ao seu coidado e á conservación do medio natural. A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, achegouse ata a praia para acompañar as persoas participantes nesta iniciativa agredecendo a implicación de Mistura de Lieiro e das persoas voluntarias que participaron nesta xornada, contribuíndo, coa súa colaboración, a manter limpos e coidados os espazos naturais de Cervo.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
Durante 45 minutos, tres malabaristas —Pablo Reboleiro, Aitor Garuz e Santiago Montero— mergúllanse nun caos divertido onde ninguén manda e todo flúe entre xogos de poder, equilibrios imposibles e humor. A obra amosa como, no mundo dos malabares, romper os patróns establecidos pode levar a descubrir que a verdadeira maxia está en aprender a xogar xuntos.



