A Xunta de Goberno deu luz verde este venres a un novo acordo de colaboración co concello mariñán para renovar a cuberta desta instalación, acondicionar o abastecemento de auga no núcleo do Cargadoiro e pavimentar a zona que dá acceso á estación de tratamento de auga potable de Besteburiz, entre outras actuacións
Lugo, 9 de maio de 2025. A Xunta de Goberno da Deputación de Lugo aprobou este venres un novo convenio de colaboración co Concello de Ourol mediante o que a institución provincial destinará preto de 250.000€ para acometer diversas actuacións que mellorarán directamente a calidade de vida dos veciños e veciñas. Así o anunciou a Voceira socialista do Goberno, Pilar García Porto, tras a reunión celebrada esta mañá.
García Porto detallou que “o concello renovará con case 140.000€ a cuberta do pavillón polideportivo municipal e substituíra os vidros da fachada principal. Estas actuacións dotarán á instalación deportiva dun illamento máis eficiente, incrementando a seguridade e o confort dos usuarios e usuarias que fan uso deste pavillón”.
A maiores deste proxecto, neste convenio de colaboración inclúense máis de 61.000€ para acondicionar o abastecemento de auga no núcleo do Cargadoiro, na parroquia do Sisto. “Con esta actuación instalarase un sistema de distribución con tubaxes de alta densidade que garantirá un subministro máis eficiente e que beneficiará aos veciños e veciñas que viven neste núcleo de poboación”, sinalou Pilar García Porto.
O acordo tamén inclúe unha achega de 46.000€ para pavimentar a zona que dá acceso á estación de tratamento de auga potable de Besteburiz, na parroquia de Miñotos; e, neste mesmo núcleo, así como no lugar de Xan Blanco tamén se van realizar melloras nas estacións de tratamento de augas con 12.000€.
“Coa aprobación deste convenio reafirmamos, unha vez máis, o noso compromiso de colaborar activamente cos concellos da provincia. Facémolo co obxectivo de que poidan ofrecer máis e mellores servizos aos seus veciños e veciñas”, avanzou a Voceira socialista do Goberno.
Ofertas de emprego
Na reunión desta mañá aprobáronse tamén as bases específicas de 4 prazas de auxiliar de entrada e 1 praza de maquinista condutor, que se realizarán mediante oposición libre. Tamén se deu luz verde ás bases específicas dunha praza de delineante mediante concurso oposición e outra para técnico superior de protocolo. Pilar García Porto avanzou que “as bases sairán publicadas no Boletín Oficial da Provincia previsiblemente a finais da próxima semana”.





















Recoñecéronse as ganderías con máis participación na baixada tradicional e na feira, así como os mellores exemplares das distintas razas e categorías equinas. García destacou o valor das San Lucas como espazo de recoñecemento ao gando cabalar e ao labor dos gandeiros, fundamental para o coidado dos montes e a preservación das paisaxes tradicionais. A xornada incluíu unha homenaxe a Luciano García, falecido en xullo, impulsor da baixada dos cabalos e fundador de Puraga.
Tras unha parada nas Pontes para contemplar o lago e lembrar o pasado industrial da zona, o grupo visitou Pontedeume, onde repasou a historia da liñaxe dos Andrade e percorreu unha vila chea de patrimonio e vitalidade. Pola tarde, no mosteiro de Sobrado dos Monxes, os participantes apreciaron o legado da orde do Císter e do barroco galego, e escoitaron parte dunha mostra de música coral. A entidade agradeceu as explicacións de Enrique Campos, secretario da ACFL, así como as achegas de Celia Castro sobre arquitectura medieval e a vida cisterciense.
A conselleira do Medio Rural acompañada polo director de Turismo de Galicia, Xosé Merelles, asistiu este sábado á feira e festas das San Lucas.
A mostra inaugúrase o luns 19 de outubro ás 12.00 horas na Casa da Cultura, onde permanecerá aberta ao público ata o 19 de novembro. A iniciativa, promovida polo Concello, ofrece unha selección de obras nas que o artista explora a cor, a luz e a expresión contemporánea, consolidando a súa traxectoria dentro deste movemento artístico.
Da man da FCAM Ribagorda está a coñecer establecementos comerciais que cumpriron corenta anos de vida e outros que se achegan aos cen. A Federación de Comercio A Mariña aproveita esta estadía do coñecido xornalista para amosarlle as potencialidades turísticas da comarca. José Ribagorda visitou a Basílica de San Martiño en Foz e o Centro de Interpretación da Faba en Lourenzá. A súa viaxe pola Mariña seguirá hoxe e mañá.
As estudantes recibiron o galardón “Pizza Chef Emergente”, un recoñecemento que destaca o talento das novas promesas da gastronomía e que supón un importante logro para o centro educativo e para a formación profesional da comarca.
A cita será o luns 19 de outubro, ás 17:30 horas, cun punto de encontro no peirao de San Cibrao. Ademais, os diferentes edificios municipais iluminaranse de cor rosa para sensibilizar á poboación sobre a importancia da detección precoz, fundamental para mellorar o prognóstico e a supervivencia das pacientes que padecen esta enfermidade.



