Ribadeo, 29 de maio, 2025. A A.C. Francisco Lanza de Ribadeo organiza o 14 de xuño unha viaxe cultural á Ribeira Sacra.
ITINERARIO E HORARIOS:
7,00h. Saída. Estación de autobuses
Chegada ás 10,00 a Castro Caldelas
10,00h. Visita ao castelo de Castro Caldelas
Saída de Casrto Caldelas ás 10,50h- Destino Embarcadeiro
11,10 Chegada ao embarcadeiro
11,30/13,30h: ViaxeenCatamarán polos canós do Sil.
13,30h: Saída do Embarcadeiro cara ao Mesón Casa Leo
13,40h: Chegada a Mesón casa leo
13,40/15,00h: Xantar en mesón Casa Leo (menú de 20€ incluido no prezo final)
15,00h: Saída cara a Monforte
15,45h. Hegada Monforte
15,45/16,45h: Paseo polo Casco Histórco de Monforte
16,45/17,45h: Visita ao Colexio de Nosa Señora de Antiga (Pais escolapios)
17,45h: Saída dos Pais Escolapios cara ao Mosteiro San Vicente4/Castelo de Monforte
18,00h: Chegada ao Mosteiro San Vicente/Castelo de Monforte
18,00/18,15h: Visita ao Mosteiro de San Vicente
18,15/18,45h: Visita ao Castelo de Monforte
18,45/21,10h: Viaxe de regreso a Ribadeo
PREZOS:
SOCIOS/AS XUBILADOS/AS 60
SOCIOS/AS NON XUBILADOS/AS 65
NON SOCIOS/AS XUBILADOS/AS 70
NON SOCIOS/AS NON XUBILADOS/AS 75
Para inscribirse enviar un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou unha mensaxe de whatsapp ao número 699809606. O prazo de inscrición remata o día 1 de xuño.




























O grupo, composto por cinco mulleres e sete homes cunha media de 26 anos, foi recibido pola subdelegada do Goberno, Olimpia López, que lles agradeceu o compromiso co servizo público e destacou o papel esencial da Policía Nacional na seguridade cidadá. Oito axentes estarán na Comisaría de Lugo, dous en Monforte e dous en Viveiro. Ao finalizar as prácticas, escollerán destino definitivo segundo a puntuación obtida no proceso selectivo.
A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



