O certame recoñecerá a creatividade e o compromiso de participantes de distintas idades no acto que terá lugar no Salón de Plenos ás 18:30 h
Burela, 20 de maio de 2025. Este venres 23 de maio ás 18:30 horas, o Salón de Plenos do Concello de Burela acollerá o acto de entrega dos premios do XI Concurso “21 de marzo: Día Internacional para a Eliminación da Discriminación Racial”. A convocatoria, impulsada pola área de Inmigración, Cooperación e Integración, mantense como un referente local no fomento da igualdade e da reflexión social a través da expresión artística.
O xurado, composto por representantes da área de Inmigración, Cultura, Igualdade e Atención a Inmigrantes, reuniuse o pasado 5 de maio para avaliar os traballos presentados nesta edición, que contou cun total de 25 participantes distribuídos en dúas categorías de idade: de 6 a 12 anos e de 18 anos en diante.
Nesta ocasión, os premios recoñeceron a calidade e a sensibilidade de catro traballos, destacando a creatividade de autores e autoras de diferentes idades e procedencias. Ademais dos primeiros e segundos premios en cada categoría, o xurado acordou por unanimidade conceder dous accésits adicionais, como mostra do alto nivel xeral das propostas recibidas.
Na categoría infantil, o 1º premio, cun lote valorado en 50 euros, vai para Yara Diouf Duarte, que concursou baixo o pseudónimo “Yadidu”. O 2º premio, cun lote de 30 euros, recae en Soelí Naína Capillo Gala, co pseudónimo “Iem CG”. O xurado concedeu tamén un accésit nesta categoría, con lote valorado en 25 euros, ao traballo de Leo Fraga Río, que asinou como “Burelao”.
Na categoría de adultos, o 1º premio, tamén cun lote valorado en 50 euros, foi para Shiva Eliska Alinda Nurhakim, baixo o pseudónimo “Natasha”. O 2º premio, cun lote de 30 euros, foi outorgado a José López Losada, que asinou como “XOLO”. Así mesmo, outorgouse un accésit nesta categoría a Estela Torres Narciso, autora do traballo presentado co pseudónimo “Stella”, que recibirá un lote valorado en 25 euros.
O concelleiro de Inmigración, Cooperación e Integración, Mario Pillado, salientou que esta iniciativa “é unha das nosas ferramentas máis valiosas para educar na diversidade desde idades temperás”. Engadiu que “cada traballo recibido é unha mostra de empatía, de compromiso e de esperanza nun futuro máis igualitario”, e aporveitou para agradecer “a todas as persoas participantes e ao equipo técnico que fai posible este certame ano tras ano”. Segundo o edil, “en tempos nos que a intolerancia volve gañar espazo, desde Burela seguimos apostando polo respecto e a convivencia”.























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.



