Ameijide considera que “esa axuda anunciada polo presidente non era para parar unha moción de censura, senón para axudar ao Concello e aos seus veciños. Non se entendería que prometese o apoio condicionado a se continuaba a ser alcaldesa a señora María Loureiro porque iso suporía recoñecer que o goberno da Deputación fai un uso sectario ou partidista dos fondos públicos da institución provincial por non poñer outro nome”
Viveiro, 21 de maio de 2025. O Grupo Provincial Popular esixirá ao goberno provincial de PSOE e BNG no pleno do vindeiro martes que cumpra a promesa feita polo presidente, José Tomé, o pasado mes de febreiro de dirixir ao Concello de Viveiro investimentos por valor de 1M€.
O portavoz, Antonio Ameijide, e o viceportavoz, Demetrio Salgueiro, reuníronse coa alcaldesa, Mariña Gueimunde, para analizar a “comprometida” situación económico-financeira do Concello de Viveiro “debido á mala xestión dos gobernos de PSOE e BNG nos últimos anos”.
“Somos coñecedores de que a Deputación de Lugo ten colaborado co Concello de Viveiro, incluso, para financiar gastos correntes. E tanto o propio Presidente do ente provincial coma o PSOE teñen anunciado publicamente compromisos co Concello de Viveiro que en boa parte foron incumpridos”, explican.
Os populares citan como exemplo “a subvención anual do 50% do custe do Conservatorio de Música por parte da Deputación Provincial de Lugo”. Ademais, lembran que o Concello ten que facer fronte neste 2025 dunha “débeda do anterior goberno de PSOE e BNG que supera xa os 900.000 euros de facturas sen atender dos anos 2023 e 2024, subvencións sen cobrar e documentos sen proposta de gasto”.
Ameijide subliña que “non é xusto que os veciños e veciñas teñan que sufrir non só os erros da xestión do anterior goberno de PSOE e BNG en materia económica, senón que tamén agora os castigue o PSOE e BNG dende o goberno provincial”.
A situación económica e a falta de cumprimento dos 15 puntos do acordo programático entre PSOE e XViveiro abocou á corporación municipal a aprobar unha moción de censura.
Nesas datas, o presidente da Deputación, D. José Tomé, desprazouse ao municipio de Viveiro a comprometer un apoio ao Concello cifrado en 1 millón de euros de investimentos, “pero máis de tres meses despois segue sen chegar aos viveirenses”.
Ameijide di que “entendemos, por suposto, que esa axuda anunciada polo presidente non era para parar unha moción de censura, senón para axudar ao Concello e aos seus veciños. Non se entendería que prometese o apoio condicionado a se continuaba a ser alcaldesa a señora María Loureiro -agora asesora do presidente na Deputación de Lugo e adxunta á secretaría xeral no PSOE lucense- porque iso suporía recoñecer que o goberno da Deputación de Lugo fai un uso sectario ou partidista dos fondos públicos da institución provincial por non poñerlle outro nome”.
Os populares lembran a competencia da Deputación de Lugo en materia de cooperación cos Concellos de menos de 20.000 habitantes da provincia polo que esixen ao goberno provincial garantir o apoio tanto ao Concello de Viveiro como aos demais concellos con criterios de transparencia e igualdade.



















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partirán de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



