O conselleiro do Mar respondeu a preguntas relativas ao seu departamento no Parlamento de Galicia
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2025. O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, respondeu no día de hoxe a preguntas relativas á actividade do seu departamento nas que puxo en valor a aposta decidida da Xunta pola investigación mariña. Así, detallou que este ano o Goberno galego inviste 24 millóns de euros que permiten o desenvolvemento de 124 proxectos por parte dos centros científicos autonómicos. Unha actividade investigadora que sitúa a Galicia como referente internacional así como á vangarda no ámbito da sustentabilidade, elemento fundamental no obxectivo de garantir o mellor futuro para os profesionais do sector marítimo-pesqueiro.
O titular de Mar situou esta liña de traballo como esencial á hora de afrontar os desafíos actuais da actividade pesqueira na comunidade na súa adaptación aos efectos do cambio climático. Un labor no que a Administración autonómica colabora con outras entidades como as tres universidades autonómicas ou o Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), establecendo así alianzas estratéxicas para desenvolver ferramentas de traballo ao servizo do sector. Unha acción que está sustentada na análise da situación xunto cos axentes implicados mediante a identificación dos principais problemas, elaborando propostas e partindo sempre dunha xestión compartida coa comunidade científica.
Máis coñecemento
Alfonso Villares incidiu na necesidade de contar cun maior coñecemento, cuantitativo e cualitativo, do medio costeiro e da dinámica océano-meteorolóxica para favorecer o desenvolvemento das actividades económicas vinculadas ao mar. Neste marco, puxo en valor o esforzo orzamentario da Xunta que incrementou as partidas destinadas a organismos dependentes da Consellería do Mar como o Centro Tecnolóxico do Mar (Cetmar) o Instituto Tecnolóxico para o Control do Medio Mariño (Intecmar) ou o Centro de Investigacións Mariñas (CIMA). Tamén destacou o impulso de iniciativas a través da Rede entre o sector pesqueiro e organismos científicos de Galicia (Redemar) ou o Programa de Ciencias Mariñas de Galicia.
O conselleiro do Mar destacou este último programa como exemplo do modelo integrado de xestión do fluxo de coñecemento científico en ciencias mariñas adaptado ao contexto ambiental, sociocultural, económico e institucional de Galicia. Así, está composto por 89 grupos de investigación integrado en institucións galegas máis punteiras que contan coa total dedicación de 4.100 profesionais cun traballo repartido en 11 áreas diferentes. Unha boa mostra da xestión pesqueira que impulsa a Xunta coa ciencia como piar fundamental sobre o que reforzar esta actividade estratéxica.
Ría de Arousa
Alfonso Villares, en resposta ao posible impacto do proxecto Altri na ría de Arousa, puxo en valor os informes técnicos que conforman a Declaración de Impacto Ambiental (DIA) do proxecto como exemplo da rigorosidade coa que está a actuar o Goberno galego á hora de velar polo cumprimento da lexislación vixente. Un traballo no que foron analizados todos os aspectos sobre os que esta iniciativa pode ter incidencia polo que foron realizadas máis de 60 exixencias específicas. Tamén recordou que esta ría está constantemente monitorizada pola rede de estacións automáticas e unha estación costeira, á que súmase a propia de Augas de Galicia, o que dota á Xunta dunha gran capacidade de resposta ante calquera incidente nas masas de auga nesta importante zona produtiva.



















No acto impuxéronlles o birrete e entregáronlles diploma e orla. Despois cantaron unha canción para as familias asistentes. Houbo moitos aplausos e algunhas lágrimas de emoción.
A presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez, destacou o carácter participativo da iniciativa, organizada xunto á Xunta e co apoio do Concello. O director xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, puxo en valor o traballo colectivo e a implicación das novas xeracións. O concerto estivo dirixido por Maximino Zumalave, coa formación Hércules Brass e Rosa Aneiros como mantedora. Ademais, anunciouse que a próxima edición estará dedicada a Xosé Neira Vilas.
O vendedor da ONCE Daniel José López Legaspi foi quen levou a sorte ao municipio desde o seu posto de venda situado na Praza Maior.
Trátase dun programa de actividades para a infancia e a mocidade que se desenvolverá en xullo e agosto con propostas educativas, deportivas e culturais pensadas para facilitar a conciliación familiar. A oferta inclúe ludoteca, talleres creativos e tecnolóxicos, deporte, contacontos e eventos comunitarios como o Mercado Infantil Solidario ou o Carnaval de Verano. As inscricións realizaranse do 1 ao 15 de xuño no Concello, con prioridade para menores empadroados. O programa reforza o compromiso municipal co apoio ás familias e cun verán activo e accesible para a mocidade do concello.
A comunidade educativa convida especialmente a antigos alumnos, mestres e familias a participar nesta xornada de reencontros e lembranzas.
A festa incorporou unha mesa doce decorada con temática de faros e unha sesión de coctelería dedicada á elaboración de vermús. As persoas asistentes recibiron ademais un detalle conmemorativo: unha botella de aceite de oliva virxe extra de Oleonavas, en homenaxe ás raíces familiares do propietario. O evento incluíu numerosos sorteos grazas á colaboración de diferentes empresas, con premios como comidas en O Noso Lar, na Bodega de Ana ou no Restaurante Nito, ademais de licores, paletillas e circuítos termais. Para esta ocasión preparouse tamén unha carta especial con táboas de carne e instalouse un mural conmemorativo no local. O establecemento agradeceu a fidelidade da clientela e o apoio da veciñanza ao longo desta década, fundamentais para acadar este aniversario tan significativo.
Tras máis de vinte anos dedicada ao debuxo científico, expón desde 2013 e a súa pintura, definida pola crítica como expresiva, colorista e próxima ao surrealismo, chegou xa a numerosos países europeos e americanos. 



