Viveiro, 24 de maio, 2025. A portavoz do BNG en Viveiro, Míriam Bermúdez, denuncia que a Piscina Municipal de Viveiro leva pechada toda a semana “por motivos técnicos”, sen que o Concello dea unha explicación clara. “Sería máis útil que avisaran cando estea aberta”, ironiza Bermúdez, ante a numerosa cartelería que se pode observar na porta da piscina informando do seu peche.
A nacionalista sinala que “cando unha instalación falla un día, pode pasar, pero cando falla día tras día, o que falla é a xestión da alcaldía”. Os socios e socias continúan pagando a súa cota mensual, mentres o servizo non funcionar con normalidade. Opacidade e falta de información que padecen os usuarios.
A portavoz do BNG lanza unha pregunta directa a Mariña Gueimunde: “Vai recortar tamén na piscina municipal?”. Bermúdez insta ao goberno municipal a buscar unha solución definitiva: “A veciñanza merece servizos que funcionen, non escusas impresas” e pide revisar o modelo de xestión actual.
“O BNG continúa así o seu labor de fiscalización dun executivo que segue sen dar resposta ás necesidades básicas da veciñanza cunha evidente falta de previsión”.