Agora mesmo a meirande parte dos hostaleiros e hostaleiras non puideron adaptarse á nova ordenanza, situándose así nun escenario de indefensión xurídica que podería derivar en sancións
Burela, 29 de maio de 2025. O Grupo Municipal do Partido Popular levará ao vindeiro pleno ordinario unha proposta coa que pretende dar solución á situación de “irregularidade” na que se atopan numerosos locais de hostalería de Burela “como consecuencia da nova ordenanza de terrazas impulsada polo goberno bipartito da señora López Moreno”.
Ata comezos do ano 2024, os establecementos con servizo de terraza contaban cun certo amparo legal ante a inexistencia dunha ordenanza municipal específica. Sen embargo, no primeiro trimestre dese ano, o executivo local aprobou unha normativa polémica que outorgaba unha prórroga dun ano para que os negocios puidesen adaptarse ás novas esixencias.
Transcorrido ese prazo, a meirande parte dos hostaleiros e hostaleiras non puideron adaptarse a dita ordenanza, situándose así nun escenario de indefensión xurídica que podería derivar en sancións.
“O goberno da señora López Moreno non pode seguir mirando para outro lado. Se realmente pensa aplicar a súa ordenanza, terá que comezar a sancionar a numerosos negocios locais que hoxe están en situación irregular pola súa responsabilidade directa”, sinala o voceiro do PP de Burela, Manuel Rouco.
Con esta iniciativa, o Partido Popular de Burela busca restablecer a seguridade xurídica para o sector hostaleiro e evitar un escenario de castigo económico para negocios que levan anos contribuíndo á vida e economía local.
“O noso compromiso é estar ao carón dos veciños e veciñas que loitan cada día por manter os seus negocios abertos. A nosa proposta ofrece unha alternativa razoable e necesaria para que a hostalería de Burela non sexa vítima da inacción e improvisación do goberno bipartito”, conclúe Rouco.



























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.


