A Mariña 3 de xuño de 2025.A Plataforma Sanitaria da Mariña xunto co movemento En Defensa dxs Pacientes da Mariña e colectivos sanitarios locais como Médicxs en Vicedo Xa e Asociación do Casco Histórico de Viveiro veñen de presentar a que será unha gran concentración diante do hospital da Mariña.
A concentración terá lugar o xoves día 12 de xuño ás 20horas de xeito simultáneo a concentracións por todo o largo e ancho do país que están convocadas por SOS Sanidade Pública, macroplataforma que inclúe a todas as plataformas sanitarias de Galiza xunto con diversos colectivos e organizacións.
Un dos eixos da concentración expansiva centrarase nas “vergoñentas listas de agarda, que poñen en risco a nosa saúde e que é a desculpa perfecta para o desvío de gran parte dos cartos que deberían ser investidos na recuperación e dotación orzamentaria axeitada da sanidade pública. Neste sentido, reclamamos un exercicio de transparencia por parte da Xunta para a xestión das listas de espera, de xeito que sexan públicas na súa totalidade e con criterios tamén transparentes no que se refire ás prioridades”.
“Máis na Mariña levamos moitos anos anos sufrindo o abandono por parte do goberno da Xunta en canto a déficits de profesionais brutais que impiden poder garantir unha asistencia sanitaria como nos merecemos, á vez que se multiplican as derivacións cara a centros privados ou ao HULA para consultas, intervencións e procedementos diagnósticos que ben se poderían facer neste hospital. Estas prácticas, que degradaron ata límites insoportables a sanidade mariñá , disparáronse de xeito progresivo e exponencial desde a supresión da área Sanitaria da Mariña, no ano 2018”.
Para todos os colectivos que hoxe están loitando por unha sanidade digna, de calidade, de proximidade, equitativa e gratuíta na Mariña o centro das demandas e reivindicacións, a razón de se mobilizar sempre son as persoas, porque todas son pacientes. Absolutamente todas. É por iso que o lema desta concentración será “Pola Saúde d@s Pacientes da Mariña”.
Os colectivos que convocan a concentración queren tamén agradecer “a implicación a todxs xs profesionais e ás persoas que durante cerca de dous meses se estiveron a concentrar diariamente de xeito ininterrumpido. Esta loita logrou arranxar a modo de parche algunhas situacións que eran insostibles máis a loita debe continuar. por iso animamos atodas as mariñás e mariñaos a que acudan a esta concentración que agardamos sexa multitudinaria e logre mudar conciencias e vontade política”.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



