Ribadeo, 3 de xuño de 2025. Ribadeo solicita investimento da Deputación de Lugo para a mellora do abastecemento da auga, do matadoiro e das instalacións deportivas. Así llo expuxo o alcalde, Dani Vega, ao deputado de Promoción Económica, Pablo Rivera, no encontro que ambos mantiveron nas últimas horas.
O rexedor contou que “mantivemos unha reunión de traballo co deputado Pablo Rivera na Deputación. Quero destacar o clima positivo dunha xuntanza na que trasladamos moitas propostas e moitas delas foron recollidas. Quero agradecer ao deputado que nos recibira. E tamén lle trasladei que é importante que o presidente da Deputación reciba os alcaldes da Mariña. Nos seguimos agardando, pero entendo que é obriga do presidente da Deputación escotar as propostas dun alcalde, dun representante ordinario dun Concello, escoitar as propostas, analizar e investir nos municipios. É a obriga dunha institución. Agardamos que o faga e confiamos que teña en conta que o que trasladou Ribadeo é de sentido común”.
Vega dixo que “a reunión empezou dando as grazas. Eu creo que unha administración, cando inviste e fai as cousas ben hai que dicilo. Neste caso a Deputación fixo ben investir 200.000 euros na estrada de Vilela, levábamos moito tempo reclamándoa. Tamén eu creo que fai moi ben seguir investindo no Plan Único da Deputación, xa que reforza a estrutura económica dos municipios e axúdanos, neste caso o Ribadeo, a investir 370.000 euros para mellorar a nosa rede viaria. Tamén, ese orzamento que chega a 450.000 euros podemos contratar o persoal para a limpeza ou reforzar a partida orzamentaria que dedicamos ao servizo de axuda no fogar. Polo tanto, ata aí un agradecemento e seguir nesa liña”.
Na xuntanza tamén foron abordadas as demandas de Ribadeo á institución provincial: “solicitamos axuda da Deputación para varios temas. Unha, aportar o 20 % no abastecemento da auga. Eu creo que é a maior e a mellor inversión que vai facer Ribadeo neste mandato. Creo tamén que é positivo que se nos traslade unha planificación de desbroces e tamén de inversión na rede viaria de titularidade da Deputación. Entendo que o van facer así, e tamén que nos axuden economicamente na inversión, na mellora de todas as infraestruturas deportivas, que a día de hoxe licitamos o pavillón que está situado na rúa Alfredo Deaño ou tamén no pavillón que hai en Cubelas e aquí contestounos que esta parte depende do BNG, e esperemos que se dignen a contestar e que mostren o seu apoio colaborando, aportando o 40 % para mellorar estas instalacións. Non lles deu tempo en vinte anos, polo menos agora que axuden dende a Deputación. Tamén é importante que nos axuden dende a Deputación aportando o 50 % da mellora do matadoiro. O deputado recolleu esta proposta e vamos analizar”.
Dani Vega fixo un balance positivo deste encontro: “creo que hai unha reunión construtiva, unha reunión que foi moi positiva e a partir de aí ten que dar os froitos e a partir de aí hai que apostar pola inversión. E as institucións teñen a obriga, Xunta, Goberno de Estado, Deputación, todas teñen que investir nos municipios, e neste caso en Ribadeo. Creo que é o mellor, traballar conxuntamente, trasladar propostas e concretalas entre as administracións e así seguramente que Ribadeo siga avanzando”.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



