Unha das reclamacións efectuadas ante a Deputación produciuse por mor dos danos a un vehículo na LU-P-4401, en Castro de Rei, sufriu un sinistro como consecuencia de fochancas na estrada
Lugo, 16 de xuño de 2025. 33 expedientes resoltos nos ata final de maio por parte de PSOE e BNG por accidentes na rede viaria provincial “todos como consecuencia dunha total falta de mantemento de PSOE e BNG durante os últimos 18 anos”.
O voceiro provincial popular, Antonio Ameijide, critica que “todos os días haxa que lamentar accidentes na rede de estradas da Deputación de Lugo porque tanto socialistas como nacionalistas se desentenderon do coidado das vías de titularidade provincial”.
Estas 33 reclamacións resoltas certifican que as estradas da Deputación “son moi perigosas” e que “son un verdadeiro problema para a circulación xa que en lugar de facilitar os desprazamentos o que provocan é medo entre os condutores xa que se expoñen a ter un accidente cada día”.
Antonio Ameijide explica que estas reclamacións van dende danos nas rodas ata desperfectos nos propios vehículos e todos os danos sendo producidos por mor da existencia “de fochancas de grandes dimensións que os condutores non poden esquivar”.
Unha das reclamacións efectuadas ante a Deputación produciuse por mor dos danos a un vehículo na LU-P-4401, en Castro de Rei, sufriu un sinistro como consecuencia de fochancas na estrada.
Outra das reclamacións resoltas foi por danos no pneumático e lamia da roda traseira esquerda dun vehículo na estrada LU-P-1611, en Marei (O Corgo), producidos ao pasar por unha fochanca que non puido evitar.
Outro condutor tamén danou os dous pneumáticos do lado dereito do vehículo na estrada LU-P-5207, en Ribadeo, por mor doutra fochanca, sendo tamén afectado outro vehículo que nese momento circulaba por esa estrada e non puido evitar a focha.
Antonio Ameiijde afirma que “todas estas reclamacións seguen a darnos a razón e a amosar como PSOE e BNG se afanan en mentir ao negar esta realidade, que a rede viaria provincial é perigosa”.
“Queda claro que non serven de nada os dous últimos plans anunciados por José Tomé xa que cómpre recordar que non se actuou na rede viaria provincial en 66 dos 67 concellos durante moitos anos e que estes anuncios só contemplan traballar no 9% dos 4.217 quilómetros das estradas da Deputación”, denunciou.


















A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.



