A Orquestra do Conservatorio de Viveiro e A Banda do Verán actuarán esta fin de semana para despedir o curso escolar
Burela, 16 de xuño de 2025. O Concello de Burela pecha o curso escolar cunha dobre proposta musical dirixida a todos os públicos. Esta fin de semana a Casa da Cultura e a Praza da Mariña serán o escenario de dúas actuacións gratuítas que combinan música clásica, pop e repertorio infantil, nunha programación que busca celebrar o final das clases e dar a benvida ao verán.
A primeira cita será o venres 20 de xuño ás 20:30 horas, coa actuación da Orquestra do Conservatorio de Viveiro, integrada por arredor de 35 instrumentistas. A agrupación, dirixida polos profesores Fernando Santiago e Juan Cabalar, está formada por alumnado actual e exalumnado do conservatorio. O concerto incluirá pezas de música clásica, tangos, temas pop e música galega, con participación vocal de Carlota López, Bruno Pedre e Marga Gutiérrez.
A programación continuará o sábado 21 de xuño, ás 19:00 horas, coa actuación de A Banda do Verán, nesta ocasión na Praza da Mariña. En caso de choiva, o concerto trasladaríase ao auditorio da Casa da Cultura. A proposta está dirixida a nenas e nenos de entre 4 e 10 anos e ás súas familias, cun espectáculo participativo que mestura música en directo, danza, clown e teatro.
O espectáculo percorre estilos como o funk, pop, reggae ou bossa nova, interpretados por unha banda de gran nivel. A Banda do Verán é unha das formacións de referencia no ámbito do espectáculo infantil en Galicia, con máis de 300 funcións ás súas costas. O seu traballo foi recoñecido cos Premios Martín Códax da Música e os Premios Frei Martín Sarmiento, e tamén recibiu nomeamentos nos Premios MIN e Ari(t)mar.
“Apostamos por unha programación cultural variada, pensada para que toda a veciñanza poida desfrutar da música en directo. Estes concertos son unha forma de celebrar o fin de curso e dar a benvida ao verán con propostas de calidade e accesibles para todos os públicos”, sinala a concelleira de Cultura, Lina Gómez.
























Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



