Montse Prado denuncia que nas vilas máis turísticas o centros de saúde teñen que atender o dobre ou o triplo de poboación con menos persoal
Santiago de Compostela, 19 de xuño, 2025. A deputada do BNG e portavoz de Sanidade do BNG, Montse Prado, advertiu da preocupación que existe tanto entre os profesionais como entre a poboación pola “situación límite” na que a Consellería de Sanidade volve deixar á sanidade pública de cara aos meses de verán, nos que volverá a haber peche de camas e consultas, horarios reducidos nalgúns centros de saúde e falta de profesionais, anticipou.
“Ás portas do verán, o nivel de preocupación é máximo porque os déficits da sanidade pública xa cronificados se vexan multiplicados neste período estival”, advertiu a deputada nacionalista, que criticou que a estas alturas non se coñeza o plan de continxencia para evitar que de novo este verán “a sanidade pública galega sexa unha carreira de obstáculos para que a poboación teña asistencia cando a precisa”.
Prado interveu na Comisión de Sanidade para preguntar polas previsións para este verán do Goberno do PP, ao que reprobou por actuar “como se non pasara nada”, sen planificar en “deixando aos centros en cadro” no seu afán de “dar unha imaxe de normalidade”. Recalcou, neste punto, o deterioro do servicio que se presta na atención primaria “porque seguen sen substituír aos profesionais nin por vacacións nin baixas nin permisos, e porque hai prazas estruturais que seguen sen cubrir desde hai anos”.
Consultorios pechados, eliminación das quendas de tarde e axendas, engadiu, tamén pasan factura na atención aos e as doentes. Subliñou, ademais, que miles de nenos e nenas seguen sen ter pediatra asignado e que a actividade non urxente, como as revisións periódicas, os controis de saúde ou calendarios vacinais “están sendo relegadas, aprazadas constantemente, cada vez por períodos máis cortos”.
A voceira nacionalista de Sanidade expuxo así mesmo a preocupación pola situación que se vivirá nos centros de saúde daquelas vilas onde a poboación aumenta de xeito exponencial durante o verán, como Sanxenxo, O Grove, Cambados, Baiona, Nigrán, Pontevedra, Vigo, as da Barbanza ou as da Mariña.
“Xa non é que non vaian ter aumento de persoal, que sería o normal, senón que terán que atender ao dobre ou triplo de poboación con menos efectivos, o que levará a que se atenda só a patoloxía aguda, saturando PACs e servizos de urxencias hospitalarias”, apúntase na exposición de motivo da pregunta que formulou Prado, que reclamou á Consellería medidas máis alá de cargar os profesionais, que xa están exhaustos, que asuman o traballo de todos/as as que están ausentes.
Expresou, por outra banda, o temor a que, un verán máis, os déficits estruturais dos servizos de urxencias hospitalarias, as camas inoperativas e as case 360.000 persoas en listas de espera “leven á saturación e ao colapso” da sanidade pública.
“Estamos iniciando a época estival e todo indica que a situación límite vivida nos veráns pasados se vai repetir”, concluíu Prado, que concluíu lamentando que “o único plan do PP sexa que os galegos/as se busquen a vida ou, se teñen cartos, vaian á privada”.
























A iniciativa busca poñer en valor a diversidade cultural do municipio a través da gastronomía, convidando ás persoas de diferentes países a elaborar pratos típicos que se ofrecerán de forma gratuíta ao público. O Concello asumirá o custo dos ingredientes e asignará a cada participante un posto identificado co seu país de orixe. As inscricións poden realizarse ata o 29 de xullo enviando un correo a feiras@vilalba.es. Rouco chamou á participación para seguir construíndo unha Vilalba aberta e integradora, nunha feira que quere consolidarse como espazo de convivencia e dinamización da feira tradicional.
Ata o 4 de agosto poderán realizarse as renovacións, mantendo as tarifas aprobadas en asemblea: 200 € e 250 € para adultos, e acceso gratuíto para menores grazas ao convenio coa Fundación Imdecum, con opción voluntaria de abono infantil por 40 € con reserva de asento. A partir do 5 de agosto activaranse as novas altas. Os abonos poderán tramitarse a través de CLUBER ou presencialmente na oficina do club, con horario de mañá e tarde en xullo e só de mañá en agosto.
A Presidenta Carmela López destacou o valor deste produto emblemático da Mariña e o traballo do sector pesqueiro. Rocío Rivera e Herminia Pernas puxeron en valor a tradición mariñeira de Burela e o papel dos mariñeiros da Moncloa. O público degustou 450 tapas elaboradas con bonito nunha xornada que serviu de escaparate desta cita gastronómica e de convite a visitar Burela a próxima fin de semana.
As crianzas desfrutaron dunha refrescante xornada con inchables e xogos acuáticos na contorna do complexo deportivo da Veiga.
O campo de fútbol do Cascabeiro acolleu o pasado sábado a III Festa do Mexillón, organizada polo Celta Barreiros. Centos de persoas achegáronse a gozar dunha tarde de gastronomía e de música. En total foron servidas 670 racións entre veciñanza e visitantes, que saborearon mexillóns e lacón. Os organizadores amosasen satisfeitos da acollida: “estamos contentos pola boa resposta dos asistentes”. E tiveron palabras de agradecemento “para os Concellos de Barreiros e de Foz pola boa colaboración”.
Familias, amizades e persoas de todas as idades viviron cada xogada e cada aplauso, evidenciando que o fútbol é tamén unha oportunidade para fortalecer a convivencia e a unión da veciñanza. O municipio felicitou á Selección Española polo seu título mundial, un éxito histórico que fixo vibrar a toda a comunidade.
Trátase dunha mostra de 28 fotografías de gran formato do naturalista Ezequiel Martínez que reivindica a diversidade e a conservación da fauna salvaxe. A iniciativa, organizada polo Concello da Pastoriza en colaboración con ABANCA e Afundación dentro do proxecto Corrente cultural, poderá visitarse de balde ata o 26 de agosto. As imaxes, acompañadas de textos divulgativos elaborados por especialistas de Naturnova, amosan especies emblemáticas como o oso pardo, a cegoña, o cervo ou a aguia imperial, convidando a reflexionar sobre a importancia de protexer o patrimonio natural.



