Viveiro, 20 de xuño de 2025. O Concello de Viveiro informa que durante o mes de agosto non se tramitarán autorizacións de uso de espazos públicos nin solicitudes de préstamo de material municipal.
Por este motivo, recoméndase a todas as entidades e asociacións que estean a planificar actividades para ese mes que xestionen con tempo as súas solicitudes, ao longo das próximas semanas.
Así mesmo, lémbrase que segue en vigor o bando para a regularización do uso dos espazos municipais cedidos, cun prazo de presentación de documentación aberto ata o 30 de xuño de 2025. Este proceso permitirá actualizar o rexistro de usos e avanzar cara a unha ordenanza que regule con claridade a cesión dos bens públicos.
O Concello agradece a colaboración e previsión por parte do tecido asociativo para garantir unha xestión eficaz dos recursos municipais.