O deputado Daniel Castro, o tenente alcalde Mario Pillado e a concelleira de Servizos Sociais e Igualdade Sandra Fernández presentaron hoxe en Burela as iniciativas parlamentarias ao respecto
Burela, venres 20 de xuño 2025. A Unidade de Atención Temperá da Mariña é un servizo comarcal con sede no Concello de Burela que o propio concello leva xestionando desde o ano 2006. Trátase dun recurso esencial para atender a crianzas de 0 a 6 anos con trastornos no desenvolvemento ou en risco de padecelos e tamén para acompañar e orientar ás súas familias. É un servizo recoñecido dentro da Rede Galega de Atención Temperá, pero que, na práctica, está sendo asumido polo Concello de Burela.
Un servizo cunha alta demanda en toda A Mariña e sen recursos humanos suficientes
Tal como manifestou Sandra Fernández, a Unidade de Atención Temperá atende actualmente a crianzas dos concellos de Ribadeo, Foz, Burela, Cervo, Xove, Viveiro, O Vicedo e O Valadouro, é dicir, a case toda a Mariña. O servizo atende unha media de 120 crianzas ao ano, agora mesmo está funcionando con 50 usuarios e usuarias activas e cunha lista de agarda de arredor de 40 nenos e nenas, o que dá conta da alta demanda e da falta de recursos humanos suficientes.
O problema máis grave que existe a día de hoxe é a imposibilidade de cubrir de maneira estable a praza de logopeda. Isto débese a que a profesional que a viña desempeñando rematou o seu contrato —feito a través dun programa de emprego temporal— e a normativa actual impide repetir ese tipo de contratación. A praza non figura na actual Relación de Postos de Traballo (RPT) do Concello, polo que non puido ser estabilizada, ao contrario que as prazas de pedagoga e psicóloga, que si están reguladas na estrutura municipal.
A solución que ofrece a Xunta: privatizar o servizo
Entre tanto o goberno municipal está tratando cubrir esa necesidade a través doutros medios, pero mentres iso non ocorre “a Consellería de Política Social a única solución que ofreceu foi a de contratar unha empresa privada para cubrir o servizo de logopeda, mentres non se resolva a convocatoria dun hipotético concurso-oposición” manifestou a titular da concellaría de Asuntos Sociais e Igualdade Sandra Fernandez, afirmando tamén que “esta proposta, ademais de desresponsabilizar á administración autonómica, traslada de novo a carga económica e de xestión aos concellos, neste caso ao de Burela”.
En términos semellantes pronunciouse tamén Mario Pillado: “estamos a falar dun servizo que impacta directamente no desenvolvemento vital das crianzas e no apoio ás súas familias. Por iso, non é aceptable que a única resposta da Xunta sexa a de privatizar ou buscarse a vida. Por esa razón o concello de Burela está a solicitar a corresponsabilidade e compromiso institucional, e que dunha vez por todas se aborde con seriedade a situación dos servizos sociais e da atención temperá na Mariña”.
O PP desmantela a sanidade pública na comarca e cárgalle competencias impropias aos concellos
Daniel Castro puxo énfase na situación de abandono da Mariña por parte do Partido Popular no ámbito sanitario, do que dan fé as contínuas mobilizacións da cidadanía en protesta polo desmantelamento da atención primaria e dos servizos hospitalarios, manifestando que “cando pensábamos que do Partido Popular xa viramos toda a súa desfachatez negando as evidencias da caótica situación da sanidade pública na Mariña, volven a sorprendernos cando desde a Consellería de Política Social proponen ao Concello de Burela que privatice un servizo, que para máis inri, é un servizo que tén que asumir a Xunta”, que recordou tamé que esta forma de proceder “forma parte das perversas prácticas do Partido Popular de cargar aos concellos con competencias impropias, co menoscabo económico que eso supón nas economías municipais”.
Ante esta situación Castro anunciou a presentación de diversas iniciativas para que a Xunta de Galiza asuma a xestion directa da Unidade de Atencion Temperá da Mariña en diálogo cos concellos afectados e coa maior das celeridades




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



