O Resurrection Fest celebrou este ano o seu vixésimo aniversario. Vinte anos de música, cultura e proxección internacional para Viveiro. Vinte anos dun soño que naceu coa ilusión dun grupo de mozos e que hoxe é unha realidade que enche de orgullo a toda unha comarca.
Na clausura da edición deste 2025, a propia organización do festival fixo xusticia histórica ao lembrar que houbo un alcalde Melchor Roel que soubo ver o potencial daquela proposta e apostou por ela sen reservas, a pesar das críticas, das dúbidas e dos ataques do Partido Popular.
A Deputación de LUGO apoiou a Melchor daquela nese proxecto ilusionante, e foi o primeiro organismo que creu no Resurrectión Fest, contribuíndo a que ese proxecto que comenzaba de maneria modesta puidese medrar e consolidarse. Un apoio que se mantivo durante estas décadas, sendo clave para a súa continuidade.
Non podemos esquecer que, mentres o goberno socialista de Viveiro apoiaba e impulsaba o Resurrection Fest desde o PP acusábase públicamente ao Concello de malversar fondos públicos por colaborar có festival. En 2016, xa baixo o meu mandato como alcaldesa, o señor César Aja, daquela presidente local do PP, presentou unha denuncia por malversación de fondos públicos relacionados co resurrection.
Unha denuncia que foi arquivada polo Xulgado de Instrucción número 2 de Viveiro, que concluíu que todo estaba perfectamente xustificado con facturas e contratos, e que non había absolutamente nada ilegal.
E por iso é importante lembrar: hoxe todos queren saír na foto, todos presumen do festival, incluso a Xunta de Galicia, que durante anos non lle prestou a atención que se merece. A actual alcaldesa tamén eloxia agora o festival pero non debemos esquecer que pertence a un partido que durante anos puxo paus nas rodas a este proxecto, e que ela mesma formaba parte daquel PP que o criticaba.
Hoxe o Resurrectión Fest é un éxito colectivo, grazas ao traballo incansable de Iván, de David, de toda a organización, pero tamén grazas á decisión política e ao apoio institucional que tivo desde o seus inicios. Sen aquel impulso do Alcalde Melchor Roel isto no existiría.
Desde aquí felicito de corazón á organización, porque fixeron algo único. E reafirmo o noso compomiso co festival e co seu futuro. Queremos que o Resurrectión Fest continúe, que medre, que sexa apoiado por todas as administracións, como se merece.
Pero tamén queremos que non se esqueza a verdade. Porque houbo tempos difíciles, momentos nos que se puxo en dúbida a integridade do Concello por apoiar este festival. E hoxe vinte anos despois, a historia -e a xustiza- puxeron as cousas no seu lugar.
Larga vida ao Resurrection fest. E tamén memoria para quen fixo posible o seu nacemento.
Maria Loureiro García, exalcaldesa de Viveiro



















Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.
O responsable provincial destacou "o traballo realizado pola organización ao longo destes anos para consolidar unha proba deportiva de primeiro nivel, que atrae tanto deportistas do máximo nivel competitivo como participación popular"



