Foz, 2 de xullo de 2025. O alcalde de Foz, Fran Cajoto, e a concelleira de Turismo, Comercio e Sanidade, Kathy Navarro, presentaron hoxe, mércores, na praia da Rapadoira o equipo de salvamento para este verán, que comezou as súas funcións este martes. O Concello de Foz iniciou a tempada estival con 14 profesionais no servizo de salvamento e creouse unha nova bolsa para a praza de socorrista que está sen cubrir. Ademais reforzouse o persoal de limpeza viaria e praias con 7 persoas; o servizo de recollida de lixo, con dúas persoas; e a atención na oficina de turismo, con dúas auxiliares.
As praias da Rapadoira e Llas terán servizo de salvamento de luns a domingo, en horarios de 13 a 19 horas entre semana e de 12 a 20 horas as fins de semana. As praias de Areoura, Peizás e Pólas contarán con servizo de socorrismo ou primeiros auxilios entre semana de 13 a 19 horas e sábados e domingos de 13 a 20 horas, excepto os luns -Areoura-, martes -Pólas- e xoves -Peizás-, nas que non haberá servizo eses días por descanso do persoal.
A concelleira Kathy Navarro destaca a ampla dotación de servizos nas praias de Foz, con aseos e posto de salvamento completamente renovados no areal da Rapadoira: “a praia da Rapadoira está completamente adaptada a persoas con minusvalía porque conta con punto de auga e pasarela ata a area húmida, ademais de cadeira anfibia para que todas as persoas poidan desfrutar dun baño no Cantábrico, independentemente da súa condición física”.
Están tamén abertos ao público os aseos de todas as praias e das áreas recreativas do Bispo Santo e Ponte de Ferro, que terán unha limpeza diaria, a excepción da Rapadoira e Llas, que contarán con dúas limpezas ao día.
O alcalde explica: “con persoal propio municipal impermeabilizamos cubertas, melloramos iluminación e carpintería e pintamos os aseos e posto de salvamento de Llas. Estamos rematando tamén a substitución de madeira en mal estado en distintas pasarelas e rematando o acondicionamento dos accesos aos areais para que todos poidamos desfrutalos. Tamén con persoal municipal construímos unha nova beirarrúa e pasos de peóns no Paseo de Colón, que mellora a mobilidade e facilita o tránsito de peóns na Rapadoira”.
O Concello de Foz continúa co traballo de desbroce, limpeza e preparación das praias, que rematará nos vindeiros días.
“Pido desculpas aos veciños e visitantes polas molestias das obras en distintos puntos do pobo aínda que traballamos para causar as menores incidencias posibles”, remata o alcalde.























Con motivo desta conmemoración, o Concello anima á veciñanza a participar no Certame do Día do Libro, unha iniciativa pensada para fomentar a creatividade en todas as idades. Categorías do certame: Infantil (3-6 anos): creación dun marcapáxinas orixinal. Primaria (7-11 anos): continuación dunha historia proposta. Adultos (12+ anos): relato, anécdota familiar ou continuación da historia proposta. Data límite: 30 de abril. Envío por correo: prensa@concellodecervo.com. Envío por WhatsApp: 683 315 939
A directora, Ana Traseira, e o brand manager, Carlos García, representaron ao centro lucense, que presentou a experiencia “A comunicación: unha nova ponte cara Lugo”, recoñecida co Accésit do Consello Social da UNED 2025. O proxecto destaca pola súa aposta pola innovación, a proximidade e a mellora continua na relación coa contorna. A UNED de Lugo agradeceu a oportunidade de participar nun espazo que reforza a colaboración e contribúe a construír unha universidade máis conectada, accesible e comprometida.
O curso, impulsado polo Principado de Asturias, desenvolverase en modalidade semipresencial con sete sesións presenciais na Sala El Pajar de As Quintas (A Caridá), en horario de 16:00 a 19:00 horas. A formación é de nivel básico e está aberta tanto a persoas sen experiencia previa como a quen queira iniciarse na fala. As inscricións poden realizarse a través da plataforma da Federación Asturiana de Concejos. O Concello destaca que esta iniciativa contribúe á preservación do patrimonio lingüístico e cultural do territorio.
Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
O tráfico estará regulado por semáforos e está previsto que este venres rematen as obras.



