Este convenio de colaboración, que dá resposta a unha demanda do municipio de Xove, inclúe por 1,6M€ o acondicionamento dun treito da LU-P-2601; un tramo da LU-P-6606; e a mellora da LU-P-2604 e da LU-P-2605 na súa totalidade
Lugo, 8 de xullo de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, e o Alcalde de Xove, José Demetrio Salgueiro Rapa, asinaron este martes na Casa Consistorial un convenio de colaboración de 1.636.807,30€ para arranxar 4 vías e ceder a este municipio as 10 estradas provinciais que vertebran o concello de Xove, o que supón un total de 45 quilómetros. O acordo, que se divide en catro anualidades, inclúe, ademais do cambio de titularidade, o acondicionamento dun treito da LU-P-2601, un tramo da LU-P-6606; e o arranxo da LU-P-2604 e a LU-P-2605 na súa totalidade.
O mandatario provincial recordou que “unha das nosas liñas de goberno é a cooperación e a asistencia a todos os concellos da provincia e facémolo sen distincións de ningún tipo e sen importar a cor política, porque cremos que é así como se constrúe un territorio máis vertebrado, máis igualitario e con máis oportunidades para toda a veciñanza”.
Neste sentido, recordou que “fai unhas semanas asinamos un acordo de colaboración co Concello de Palas de Rei para a cesión dun tramo urbano da LU-P-2901, e hoxe atendemos a petición desde concello mariñán coa que se mellorará a mobilidade, a seguridade e a calidade de vida dos veciños e veciñas de Xove”.
As obras de acondicionamento que se inclúen neste convenio son as seguintes:
– Con case 478.000€ realizarase a segunda fase do acondicionamento da estrada LU-P-2601, a vía que une a autonómica LU-862 con Portiño de Moras, nun treito de algo máis de 2 quilómetros, do punto quilométrico 2,850 ao 5,524. Tras estes traballos quedará acondicionada a totalidade da estrada.
– Con máis de 141.000€ acometeranse melloras nun tramo da LU-P-6606, a vía que une Augadoce con Fontao por Faro. O treito que se vai arranxar vai do punto 2,222 ao 4,629.
– Con preto de 857.000€ rehabilitarase o firme do trazado completo da LU-P-2604 que vai da autonómica LU-862 ata Valcarria por Monte.
– E con algo máis de 160.000€ mellorarase o firme da LU-P-2605, a estrada que une A Tronca e Tarolo por Vila.
Tras rematar estes traballos de acondicionamento e unha vez se aprobe na sesión plenaria a Deputación cederá ao Concello de Xove estas vías xunto á LU-P-2602 desde Porto de Morás a Beltrán; a LU-P-2603 desde a autonómica LU-862 ata a LU-P-2061 por Chao de Aldea; LU-P-2606 desde Xove ata a Rocha; LU-P-2607 que vai desde Cruceiro ata Portecelo; LU-P-2609 desde Sumoas ata Toimil; LU-P-2610 que une Vara coa Área pola praia de Esteiro.


















Este lume iniciouse ás 14.51 horas do luns e para a súa extinción mobilizáronse, de xeito acumulado, 2 técnicos, 14 axentes, 20 brigadas, 21 motobombas, 1 pa, 5 helicópteros e 7 avións.
José Luis Teso Celis é o vendedor da ONCE que repartiu estes cartos na localidade mariñá, desde o seu punto de venda situado na Avenida da Mariña, número 46.
Durante a xornada realizarase un mural inspirado na obra Diálogo (1946) de Luís Seoane, que Maruja Seoane levou a tapiz ese mesmo ano. A organización convida a toda a veciñanza a participar con lecturas, conversas, cantos, bailes e un xantar compartido.
O xoves haberá unha gran sardiñada no Campo da Pascua e o venres dedicarase ao Día do Neno con atraccións a prezos populares. A organización corre a cargo da Comisión de Festas de San Xoán de Covas coa colaboración das administracións locais e autonómicas.
Os subcampións foron Benja e Álvaro. O torneo reuniu no Real Club Náutico arredor dun centenar de xogadores procedentes de Galicia, Asturias e Castela e León, consolidándose como unha das citas máis destacadas do calendario musístico da costa lucense. Desde LuMus agradecen “el apoyo del Concello de Ribadeo, del Real Club Náutico de Ribadeo, de Mapfre y del resto de colaboradores y patrocinadores que hicieron posible esta cita, que dio comienzo a primera hora de la mañana y se prolongó durante toda la jornada del sábado”.
O festival De Cabo a Cabo, organizado por Fanto Fantini cunha achega provincial de 20.000 €, puxo en valor a diversidade cultural de Burela, onde o 10% da poboación é de orixe caboverdiana. A programación espallouse por varios espazos da vila con música, intervencións artísticas e torneos deportivos, e contou coa presenza de artistas como Baiuca, DJ Danifox, DJ Kandole, Batuko Tabanka, Lilaina ou Saya. A contribución da Deputación permitiu cubrir a infraestrutura técnica e loxística, así como os custos de organización e contratación das actividades.
O Concello destaca que este novo éxito é froito do compromiso, do esforzo e da dedicación constante do deportista, cualidades que lle permiten seguir acadando resultados destacados a nivel estatal. Desde a entidade municipal transmítense os parabéns a González Villares por este subcampionato de España.



