Ribadeo, 17 de xullo, 2025. Terá lugar o Domingo 10 de Agosto de 2025 no Estadio Municipal Pepe Barrera (Ribadeo).
12:00h CD Arenteiro – Real Sporting de Gijòn
19:00h Racing Club de Ferrol – Real Sporting de Gijòn
Os precios das entradas para cada partido serán de 15€ (Maiores de 15 anos); e de 5€ (nenos/as entre 8 e 15 anos); Podese adquirir un bono para os dous partidos por 25€ (Maiores de 15 anos); e de 8€ (nenos/as entre 8 e 15 anos). Os nenos de menos de 8 anos teñen acceso gratuito.
Os bonos para os dous partidos poden adquirirse de forma anticipada en Ribadeo (Bar A Cova e Restaurante El Huerto) e nas taquillas do Campo Municipal Pepe Barrera xunto coas entradas de cada partido o mesmo dia dos partidos.
























A cita previa pode solicitarse a través do teléfono 981.928.080 ou da web
A medida tamén fai que as familias perdan a gratuidad do comedor escolar, asumindo un gasto novo. O Concello reclama recuperar a parada mentres non exista unha alternativa segura e manter tanto o transporte como o comedor gratuíto, pedindo unha solución urxente que non prexudique ás familias de Mántaras.
Un total de 32 participantes déronse encontro nesta segunda edición, demostrando o seu nivel e desfrutando dunha mañá de competición e compañeirismo. Os gañadores das diferentes categorías foron: Antón Pernas (Sub 8), David Bustabad (Sub 10), Xulio Pernas (Sub 12), Deivid Pérez (Sub 14), Manuel Castro (Sub 16) e Breixo Alvite (Sub 18). A alcaldesa de Cervo, Dolores García Caramés, entregou os trofeos e medallas aos vencedores. O Concello felicita a todas as persoas participantes polo seu esforzo e por contribuír ao crecemento do xadrez no municipio, reafirmando a súa aposta polo deporte, pola participación e por ofrecer novas oportunidades para gozar e aprender.
A proba , organizada polo Club Ciclista Viveiro, reuniu máis de 130 ciclistas e coroou as campioas galegas de todas as categorías femininas -desde infantil ata master-, e aos campions galegos de infantil e cadete. A Praza da Galeguidade acolleu a saída e meta da competición, que se desenvolveu nun circuíto estático de 18,9 quilómetros pasando polo Porto da Gañidoira, a 699 metros de altura.
Trátase de dous MG ZS Hybrid+ Comfort, equipados coa tecnoloxía híbrida autorrecargable Hybrid+, que permite combinar eficiencia e un menor consumo no uso habitual. Segundo os datos do fabricante para este modelo, presenta unhas emisións de entre 113 e 115 g/km de CO₂ e un consumo de combustible de entre 5 e 5,1 litros aos 100 quilómetros, segundo o ciclo WLTP. A adquisición supuxo un investimento de 51.848,50 euros, IVE incluído, financiado a través do Fondo de Compensación Ambiental correspondente ao ano 2026.



