Logo de anos de compromiso político, chegou o momento de pechar unha etapa. Fágoo con serenidade e coa certeza de que esta decisión non foi impulsiva, senón o resultado dun proceso longo, maduro e consciente. É unha combinación de esgotamento, lucidez e sentido de responsabilidade.
Esta non é só unha decisión persoal. É tamén unha decisión compartida co pequeno equipo que, con compromiso e honestidade, sostivo o traballo político durante este tempo. Porque para transformar de verdade hai que estar, implicarse, traballar con ambición colectiva e obxectivos comúns. E iso, simplemente, non aconteceu. A falta de compromiso e responsabilidade doutras persoas, ou o seu conformismo, foi precisamente o que nos levou a tomar esta decisión. Así, pouco a pouco, foise rachando algo que nacera con vocación de ser firme e transformador.
É fácil figurar, sen implicarse nin asumir responsabilidades. O difícil é estar, construír, dedicar tempo e esforzo polo ben común. Iso require vontade, paciencia e xenerosidade, algo do que non todo o mundo está disposto a ofrecer.
A política institucional é un espazo moi esixente e, moitas veces, inxusto. Está desgastado, desprestixiado, e custa que se recoñeza o traballo serio e honesto. Todo se fai de maneira altruísta: co teu tempo, cos teus medios, co teu esforzo,quitándolle horas á familia e á vida persoal. A crítica constante, sobre todo de quen nada fai, a incomprensión e o desgaste emocional acaban deixando marca. E asúmoo, porque formaba parte do compromiso, pero o custe foi demasiado alto.
Nestes anos, dín o mellor de min. Démolo, como equipo. Incorporámonos a un BNG sen representación no Concello, chegamos aos tres concelleirxs, entramos no goberno cun proxecto claro e tiñamos expectativas altas para o 2027.
O paso polo goberno foi unha experiencia intensa, transformadora e tamén profundamente difícil. Difícil porque, máis alá do traballo feito, moitas veces sentín que empurrabamos en solitario. E cando falta apoio e compromiso arredor, manter o rumbo vólvese unha tarefa esgotadora. Un ano e medio en política institucional é, en termos de transformación real, un suspiro. Faltou marxe para que se notase por fóra o cambio que xa estaba empezando por dentro, recuperar o rumbo nun Concello que funciona por inercia, sen proxecto claro e sostido unicamente polo automatismo da administración.
Ese ano e medio foi o tempo que nos permitiron aqueles que serán lembrados por entregar o goberno ao PP e quenes só cren nunha forma de facer política: sen ética, sen proxecto colectivo e buscando só o beneficio persoal. Tanto os que entregaron o goberno como quen agora o exercen, son idénticos.
Por moito que me pese, sei que se celebrará esta saída como unha vitoria. Porque se vai quen puxo rigor e coherencia na acción política, quen dixo as verdades incómodas e sacou as cores a quen leva anos vivindo do conto, sen facer nada relevante pola política municipal. Agora volverán estar máis cómodxs, deixándose ir, amañando entre elxs e recuperando esa vella forma de facer política que tanto dano fixo.
Pero tamén chegan momentos nos que unha entende que a vida vai máis alá da política. Que hai que saber parar, priorizar e coidarse. Hoxe preciso vivir sen esa carga constante. Permitirme, tamén eu, pensar un pouco en min.
Agradezo profundamente a todas as persoas que estiveron ao meu lado, coas que compartín camiño, traballo e compromiso. Levo comigo todo o aprendido e vivido, que foi moito. E levo, sobre todo, o afecto sincero das persoas que si viron e valoraron o esforzo. Dou un paso atrás para coidarme e para deixar espazo. Espazo para outras voces, outras enerxías ou, simplemente, para que a vida teña outros ritmos.



















A competición celebrarase entre o 24 e o 27 de setembro en Las Vegas, e Julia Cabarcos emprenderá esta mesma tarde a viaxe cara aos Estados Unidos para afrontar a súa participación na categoría Women's Physique.
O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
A programación arrancará de 13:00 a 15:00 horas cos pinchos de benvida e unha sesión vermú a cargo do DJ Peabody. A continuación, de 15:00 a 17:00 horas, terá lugar a comida na Finca San Antonio, cun menú composto por salpicón de rape e langostinos, codillo con patacas, pan, postre, café, chupito e bebida incluída. Os tickets teñen un prezo de 40 euros e poden adquirirse en O Rincón, Confitería Alianza, Comercial Anjor e Perruquería Oriola; os menores de 5 anos asistirán de balde e os de 6 a 10 anos contan cun desconto do 50 %. Xa a partires das 18.30 horas haberá sesión de música con Toxo Guayaba.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



