A Mariña, 27 de xullo, 2025. O ‘Festival Bal y Gay’, referente en España por ofrecer a mellor música clásica do mundo en belos escenarios patrimoniais da comarca da Mariña, presentará á La Carroza del Real, escenario itinerante do Teatro Real, o día 31 de xullo (19:30 horas) na Praza do Conde de Fontao de Foz. Un espectáculo de primeiro nivel que o público poderá gozar de maneira gratuíta. Será o preámbulo da 12 edición do festival, prevista do 12 ao 21 de agosto con 11 destacados concertos. Cuarteto Casals, Cuarteto Quiroga, Denis Kozhukhin, Sara Blanch, Núria Rial, Leticia Moreno, Marco Mezquida, Borja Quiza ou o grupo especializado Los Elementos baixo a dirección de Alberto Miguélez Rouco brilarán nunha programación repleta de grandes grupos e solistas españois de recoñecido prestixio internacional, con cabida tamén para agrupacións sinfónicas (Real Filharmonía de Galicia, Orquestra Sinfónica do Principado de Asturias) ou corais (Coro de la Comunidad de Madrid) destacadas a nivel nacional.
“ES UNA MANERA DE ACERCAR LA ÓPERA AL PÚBLICO Y TENER MAYOR ALCANCE”
“La colaboración con el Teatro Real es un paso muy importante para la Fundación Xesús Bal y Gay -entidad organizadora del festival- porque supone unirnos a una de las instituciones referentes en música clásica, no solo en España sino a nivel europeo. Es una manera de acercar el género de la ópera al público general y tener mayor alcance. Sirve de plataforma para que el gusto por este tipo de espectáculos se extienda al resto del festival y es la mejor forma de democratizar la cultura”, sinalou Alba Rodríguez, directora do festival, sobre a presenza de La Carroza del Real en Foz. El Teatro Real, dentro da súa vocación como ópera nacional de referencia en España, presentou en 2021 La Carroza del Real, unha iniciativa coa vocación de levar o escenario do Teatro Real por toda a xeografía española cunha oferta artística que puidese incluír concertos instrumentais, recitais ou espectáculos infantís. Este escenario vivo a modo de teatro itinerante con capacidade para levar espectáculos e concertos de distintos formato impulsouse inicialmente como unha das iniciativas do seu programa ‘Cerca de ti’, declarado acontecemento de excepcional interese público. A súa boa acollida fixo que se converta nun proxecto con continuidade a longo prazo.
La Carroza del Real xa se presentou con gran éxito nunha vintena de localidades españolas como Ceuta, Valladolid, Zaragoza, Madrid, Málaga, Alcalá de Henares, Sevilla, Córdoba, Xaén, Mérida, Cáceres, Valdepeñas, Soria, Fuenlabrada, Boadilla del Monte, San Sebastián de los Reyes, Castro Urdiales, Marina de Cudeyo, Suances ou Castellón da Plana. Ten como fonte de inspiración La Barraca de Lorca, cuxa idea era a de achegar o teatro clásico do Século de Ouro aos recunchos máis esquecidos de España. Así, representábanse obras de Cervantes, Lope de Vega, Tirso de Molina ou Calderón de la Barca. La Barraca foi unha iniciativa que durante moitos anos despois seguiuse levando a cabo en distintas localidades do territorio español. Aínda hoxe segue sendo lembrada e rememorada polas súas accións de achegamento da cultura.
REFERENTE EN ESPAÑA COA MELLOR MÚSICA CLÁSICA DO MUNDO NA MARIÑA
O ‘Festival Bal y Gay’ comezou en 2014 cuns cursos de clarinete en Nois -parroquia de Foz (Lugo) con menos de 500 habitantes-. Agora é toda unha referencia en España por ofrecer a mellor música clásica do mundo en escenarios únicos da comarca lucense da Mariña. Más de 20.000 espectadores acudiron ao festival para presenciar máis de 100 concertos con 400 artistas. Enche cada ano A Mariña de música en vivo de calidade con propostas artísticas comparables ás de calquera sala de gran prestixio nacional e internacional, afianzando esta comarca lucense como destino cultural de referencia en Galicia e España. Ademais, desexa facilitar que a poboación local goce dunha programación musical de excelencia en espazos extraordinarios onde a música comparte protagonismo coa historia, o patrimonio, a paisaxe ou a gastronomía da zona.
A boa xestión do festival foi apoiada de forma unánime por entidades privadas e públicas, garantindo a solidez e estabilidade do proxecto. Mantense a Fundación Banco Sabadell como principal entidade colaboradora, o apoio esencial da Xunta de Galicia e da Deputación Provincial de Lugo, así como a axuda dos concellos participantes (Foz, Mondoñedo, Ribadeo, Viveiro, Cervo, Lourenzá, Burela, Alfoz) e outros patrocinios de empresas clave da zona e de ámbito nacional.





















Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
Subliñou o traballo colectivo, o papel do voluntariado e a participación de arredor de mil corredores. Tamén puxo en valor o impacto económico e social da proba e o apoio institucional que permite o seu crecemento, incluída a difusión en streaming que levou a CAMOVI e a Viveiro a todo o mundo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.
Viveiro, 20 de abril, 2026. A proba volveu converter Viveiro nun punto destacado do deporte e da convivencia, ademais de supoñer un impulso económico para o municipio. María Loureiro destacou que a Camovi “é un exemplo de colaboración e esforzo colectivo, que sitúa Viveiro no mapa e dinamiza a economía local”. O Partido Socialista lembra o seu apoio histórico á carreira e reafirma o seu compromiso para seguir contribuíndo ao seu crecemento. O PSOE agradece tamén á veciñanza a súa acollida e implicación, fundamentais para que o evento continúe medrando ano tras ano.
Castro destacou o labor da Asociación e o potencial da tradición do ferro como motor económico, social e cultural para Riotorto, subliñando a importancia de impulsar iniciativas que garantan futuro para estes oficios. A Deputación de Lugo mantén unha colaboración estable coa entidade, cunha achega de 14.000 euros. No marco deste apoio, a Asociación avanzou na documentación dos oficios do ferro, catalogando ferramentas, técnicas e a historia das antigas “ferrerías de monte”.



