Viveiro, 29 de xullo, 2025. Serán un total de 11 stands adicados á venda de textil, calzado, deportes, moda de nenos, xuvenil, complementos, xoiería, bisutería, agasallos e decoración.
Os comercios participantes na feira son: Complementos Sulian, Raquel Seijido, Cocolatte, Oscar Joyeros, Oxígeno Surf, Mimimó Moda infantil, Cobelinha, Biá-Biá, Van Surf e Van Surf Sneakers, cunha ampla variedade de sectores e artigos que serán postos á venda a uns prezos moi reducidos, onde os clientes poderán mercar verdadeiras gangas, unha oportunidade estupenda de mercar artigos de primeira calidade a uns prezos inmellorables.
O venres 1 de agosto ás 11:00 horas terá lugar a inauguración da Feira ca asistencia de representantes do Concello de Viveiro.
O éxito das pasadas edicións, e grazas á cofinanciación da Xunta de Galicia e da colaboración do Concello de Viveiro, fan posible que un ano máis se poda levar a cabo esta Feira de Stocks.
O horario da Feira será de 11 a 14 horas e de 18 a 22:00 h durante os tres dias.
CARRUSEL VENECIANO
Tamén nos Xardíns Noriega Varela está instalado este verán un precioso Carrusel Veneciano para deleite dos mais pequenos.
O Centro Comercial Histórico ten en marcha unha colaboración cós propietarios do mesmo, de xeito que con un ticket de compra de calquera negocio asociado entrégase ós clientes un vale de 6 viaxes por 10€. O precio normal son 4 viaxes por 10€, polo que deste xeito levan 2 viaxes gratis polo mesmo precio.
Os vales canxéanxe na oficina do CCHV, sita na rúa Diaz Freijo, 3. Os tickets de compra non teñen importe mínimo e tampouco hai límite de vales desconto por persoa, “poden traer cantos tickets queiran por persoa”.
O Carrusel estará instalado ata principios de setembro, polo que a iniciativa estará en marcha durante este periodo.
Tamén levarase a cabo un sorteo de viaxes gratis, concretamente 100 fichas para o Carrusel que serán sorteados a través das redes sociais e da App ViveiroCCH. “Porque mercar no comercio local ten premio!!”





















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



