“Non se está a substituir a case totalidade do persoal ausente por vacacións, baixas, xubilacións e permisos”
A Mariña 5 de agosto de 2025. A Plataforma Sanitaria da Mariña denuncia “o descalabro que impera na práctica totalidade dos centros de saúde da comarca, onde case ningún/ha profesional, tanto médic@ como de enfermería están a ser substituídos cando se ausentan por vacacións, baixas, xubilación ou calquera permiso. Esta caótica situación está a provocar sobrecarga asistencial dos e das profesionais, que están a facer un sobreesforzo moi importante para tentar dar solución aos problemas de saúde tanto de residentes coma de persoas desprazadas. Dado que moitas veces asumen axendas desproporcionadamente elevadas e case incompatibles cunha atención de calidade ás persoas, estase a xenerar nelas unha enorme frustración por non poder desempeñar o traballo como deberan e correndo o risco de afectar á sua saúde mental, física e emocional”.
“As persoas usuarias están a sufrir, por outra banda, agardas nas súas citas de moitos días, da orde de quince, vinte ou máis, polo que se ven na obriga moitas de veces de acudir ao seguinte nivel asistencial, bastante mermado de persoal tamén, chegando a producir colapsos do mesmo”.
A práctica totalidade dos centros sanitarios están con plantillas moi mermadas
“Sumado ás eivas denunciadas desde antes do período estival e mesmo convocando concentracións en diversos puntos para poñer o foco do problema tan grave que ten a Mariña, este colectivo ven de saber que en Xove non haberá ningún/ha médic@ no seu centro ate finais de mes, xa que á xubilación non cuberta dunha das médicas súmase a ausencia da outra facultativa. Desde a Xerencia dan coma solución cubrir cinco días puntuais do mes unhas horas en quenda de mañá e tres días pola tarde. O resto de días derivan ao centro de saúde de Burela, xa sobrecargado polo persoal médico que non substitúen e sobrecargando tamén ao persoal de enfermería, que con tres persoas que estaban hoxe para os máis de dez mil habitantes, teñen que asumir os actos sanitarios derivados da atención médica desas persoas derivadas a Burela”.
“Desde o pasado mes de xullo o concello de Cervo quedou cunha soa facultativa para atender a todos os seus habitantes, despois de que rescindira o seu contrato o médico que atendía o consultorio de Cervo e que unha das médicas de San Cibrao collera vacacións. Neste mes de agosto a situación non variou porque colle vacacións a outra facultativa. Lembremos que o concello de Cervo ten unha poboación de catro mil habitantes ao que hai que sumar toda a poboación desprazada”.
“No centro de saúde de Ribadeo a situación tamén é pésima, malia fantasmada en prensa do conselleiro de sanidade e o alcalde; este último afirmaba textualmente -ata o de agora o que se está facendo é cubrindo todas as prazas de médicos que hai en Ribadeo, están cubertas , prevese entón unha boa situación asistencial-. A situación real en Ribadeo é que hai tres xubilacións non cubertas de médicas de familia, algunha desde hai máis dun ano. Para que pareza que está toda a plantilla ao completo o que fan cubrir algúns días, non todos, con médic@s que parchean a situación xa que a atención é puntual, non diaria, e con distintas persoas cada día, polo que a atención diaria e continuada non está garantida”.
Convocatoria de concentración en Viveiro
Desde a plataforma sanitaria “volvemos convocar concentración en Viveiro este xoves 7 de agosto ás 11:30 horas diante do centro de saúde, como estamos a facer desde hai uns meses, concentrándonos o primeiro e terceiro xoves de cada mes. Estas concentracións responden á situación de caos sanitario que está a vivir a localidade desde hai moito tempo e que se agrava no período estival, dada a gran afluencia de visitantes que ten a cidade. Para tentar calar o clamor social e que pareza que hai persoal suficiente o que ordenou a Xerencia foi o peche das quendas de tarde e tod@s @s profesionais pasaron ás quendas de mañá”. “Máis estamos lonxe de contar cos once profesionais de medicina de familia que ten que haber en Viveiro e dous pediatras, a maiores do persoal de enfermería que falta por vacacións e que non se está a substituir”- comenta a coordinadora do servizo.
“É por iso que chamamos a todas as veciñas e veciños de Viveiro, de localidades veciñas e de toda a Mariña para que acudan a esta concentración, pois temos que seguir denunciando a situación crítica da sanidade pública viveirense e da Mariña, xa que por moito que se prodigue a alcaldesa de Viveiro en fotos coa Xerencia, a atención sanitaria non está garantida mentras non estén os e as once médicas de familia e dous pediatras de xeito estable”- conclúen.





















O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.
A cita terá lugar ás 14.30 horas no Restaurante Louzao, en Area. A actividade, promovida polo Centro de Información á Muller e pola Delegación Municipal da Muller do Concello de Viveiro, está concibida como un encontro de convivencia e participación arredor do 8M. O prezo do xantar é de 50 euros. O Concello de Viveiro publicará nos vindeiros días a programación completa organizada con motivo do 8M.



