Barreiros, 15 de agosto de 2025. A sétima Festa do Ovo Frito celebrada onte no campo de fútbol do Cascabeiro, organizada polo Celta Barreiros, foi un éxito. Foron servidas 1.500 racións de ovos, con chourizo e patacas fritas. Houbo ambientación musical, que se prolongou ata ben entrada a madrugada.
José Manuel García, presidente do Celta Barreiros, agradece todo o traballo realizado polas cociñeiras “que estiveron coa tixola desde as sete da tarde ata as doce da noite e de todas esas persoas anónimas, que temos ao noso carón, e que nos axudan sempre para que estas festas se leven adiante. Fixeron todos un traballo espectacular”.
García tamén tivo palabras de agradecemento para os Concellos de Barreiros e de Foz “pola súa colaboración”.
A Festa do Ovo Frito, que discorreu nun ambiente moi familiar, foi un éxito que a organización agarda repetir o vindeiro ano.





















O 14 inaugúrase o Rincón da Poesía, con música de gaitas e concerto de Xuaco Amieva, ademais da presentación de Viaxe a Dacondo I. O 21 terá lugar un recital poético-musical na Casa de Cultura, con música en directo, participación de autores locais, presentación do libro Tu voz en mi voz e homenaxe a Luis Pérez del Súcaro.
Esta iluminación comezará acendendo en días sinalados, nos que se celebre ou queira darlle visibilidade a algún acontecemento. “Pareceunos un bo día este 8 de marzo, no que conmemoramos o Día da Muller, comezar o uso desta instalación”, explica a concelleiro de alumeado, Ángel Fernández Neira. “As letras de Foz son un signo de identidade do noso pobo e esta iluminación dálles unha nova vida”, explica o alcalde, Fran Cajoto.
Este domingo, 8M, celebrouse un xantar no restaurante O Noso Lar no que participaron máis de 100 mulleres con posterior baile na Casa do Mar.
Reuniu na xornada deste sábado no pavillón de deportes a 700 ximnastas procedentes de diferentes puntos da provincia de Lugo e tamén dun club convidado de Pontevedra. Foi un día intenso de deporte e de convivencia, que tivo unha importante repercusión na hostalería local. Desde o Concello felicitan a todas as participantes, subliñan o traballo da organización (Escola Porta Norte) e agradecen o apoio das entidades colaboradoras.
Unha comedia orientada para público infantil escrita e dirixida por Bea Campos. Hora: 18h.
No marco do 8M, esta empresa de comunicación e publicidade decidiu celebrar a súa traxectoria reunindo a 18 mulleres diferentes para compartir as súas experiencias no ámbito persoal e profesional, co obxectivo de render un homenaxe á muller.
A actividade conta coa colaboración do Concello.



