Nota de Prensa
Barreiro: “Ata maio hai que ir porta por porta e desenmascarar ós socialistas, explicar que prometen moito pero que non cumpren nada”
O presidente dos populares lucenses asegurou hoxe durante a presentación dos cabezas de lista do seu partido na zona de Viveiro que “hai que advertir a todos os veciños que os socialistas, gobernen onde gobernen, a súa política é sempre a mesma: despilfarrar, e o que veña detrás que o arregle se pode”
Viveiro, a 27 de novembro de 2010.- O líder dos populares lucenses José Manuel Barreiro fixo hoxe público, durante un encontro desenvolvido en Viveiro con afiliados e simpatizantes e no que participou, entre outros cargos orgánicos do partido, o presidente do PPdeG Alberto Núñez Feijoo, a proposta da dirección provincial sobre os cabeza de lista ás vindeiras eleccións municipais nos concellos mariñáns de Viveiro, Burela, Cervo, Xove, O Valadouro, Ourol e Alfoz.
Barreiro exhortou ós cabezas de lista e a todos os afiliados a converterse, “de eiquí a maio”, en voceiros do proxecto político do Partido Popular. “Hai que ir porta por porta explicando claramente cal é a xestión que está a desenvolver o Goberno central e o da Xunta de Galicia. É resúmovola eu: Zapatero promete e non cumple, pero segue gastando e endebedándonos máis aló do imaxinable. É dicir, non arregla a situación límite á que levou o país e, para colmo, hipoteca o futuro. Feijoo, pola contra, cumpre o que promete e gasta o que ten con criterio e con responsabilidade. Esa é a realidade, e esta situación é a que tedes que transmitir a todos e cada un dos veciños e veciñas desta comarca”.
Hai que “desenmascarar ós socialistas” recalcou Barreiro. “Dá igual que estén nos concellos, na Deputación, na Xunta ou no Goberno central, a súa política é sempre a mesma: despilfarrar e o que veña detrás que o arregle se pode”.
Para o presidente dos populares lucenses nesta zona da Mariña hai “exemplos claros da nefasta xestión” realizada polos socialistas, “gobernen sós, acompañados do BNG ou de quen sexa”. Así, referiuse explícitamente a Viveiro, “onde”, segúndo dixo, “nada importante se fixo dende que o PP saíu da Alcaldía e hai que ter moi presente que, por moito que digan, foi precisamente coa chegada do PP á Xunta cando por fin se licitou e adxudicou o parque de bombeiros; é cun goberno do PP cando o helicóptero do gardacostas está as 24 horas operativo; é cun goberno do PP cando se vai a acomenter un investimento millonario no porto ou na mellora do emisario e é incluso cun goberno do PP cando se defenden os intereses dos mariñeiros desta zona impulsando a identificación do peixe para que nos puntos de venda se saiba claramente de ónde procede”.
Barreiro tamén aludiu ás obras do Corredor da Costa como mostra “flagrante de incumprimento”: “aí está o tramo autonómico, coas máquinas traballando e cunha partida orzamentaria perfectamente definida para o vindeiro ano; no tramo estatal aínda non se moveu unha pedra e tampouco hai previsión de gasto para poder facelo nun futuro próximo”.
“Os socialistas non só non fan nada senón que, cando outros queren facer o que eles non fixeron, poñen todos os atrancos posibles”, sentenciou.
Viveiro
César Aja Mariño
Naceu en Viveiro en 1951. Está casado e ten tres fillos.
É licenciado en Bioloxía. Foi alcalde de Viveiro entre 1983 e 2003 e preside o comité local do PP.
Burela
José María González Barcia
Naceu en Burela o 7 de outubro de 1956. Está casado e ten un fillo.
É mestre en excedencia.
Entrou na corporación burelesa en 1991, e entre 2005 e 2007 fíxose cargo da Alcaldía. Preside o comité local do PP dende 2005. Xa encabezou a candidatura popular nas pasadas eleccións municipais.
Cervo
Alfonso Villares Bermúdez
Naceu o 2 de maio de 1970. Está casado e ten un fillo. É veterinario.
Xa encabezou a lista do PP en 2007, momento no que accedeu á Alcaldía, aínda que xa formaba parte da corporación dende 1995, ocupando no 99 o posto de segundo tenente de alcalde.
Xove
Demetrio Salgueiro Rapa
Naceu o 2 de xullo de 1971. Está casado.
É licenciado en Económicas e funcionario municipal en excedencia.
Preside o comité local do Partido Popular dende 2007, ano no que tamén accedeu á alcaldía.
O Valadouro
José Manuel Lamela Piñeiro
Naceu o 5 de outubro de 1953 e Santa Cruz, Ferreira do Valadouro. É maestro industrial. Está casado e ten dous fillos.
É concelleiro en O Valadouro dende 1999.
Ourol
Marcial Sanjurjo Fernández
Naceu en Chantada o 30 de maio de 1956. Está casado e ten dous fillos. É médico de familia.
Iniciou a súa andaina política como concelleiro de Sanidade en 1995, na seguinte lexislatura foi tenente de alcalde e en 2007 accedeu á Alcaldía.
Alfoz
Emilio Lousas Muiña
Naceu en San Martin de Mondoñedo (Foz) o 1 de xaneiro de 1950. Está casado e ten dous fillos. Fixo estudios de Dereito e é funcionario da administración local en excedencia.
Accedeu á Alcaldía en 2007.

















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



