O Vicedo, 22 de agosto, 2025. A tarde comezará coa burelá Ana Moreiras, ilustradora e artista de banda deseñada quen levará unha mostra da súas pinturas feitas sobre crebas atopadas na Costa da Morte.
Autora de comics como Xaora ou Madialeva, aproveitará a súa visita ao Teatro das cortes para presentar o séu último libro, A Pausa, un diario do confinamento motivado polo covid no ano 2020, e escrito na terra das crebas.
De seguido o director de cine, Enrique Otero, e o actor, Miguel de Lir,a presentarán a proxección da película Crebinsky.
Ao remate da proxección farán un coloquio co público asistente.
Andar as crebas, na Costa da Morte é andar apañando o que o mar bota para fora. Na Mariña a isto chamámoslle achádegos.
Obxetos ou materiaís traballados polo mar, que moitas veces proceden de naufraxios ou de temporais. Una historia acontecida coas crebas na Costa da Morte, deu orixe á película Crebinsky, de Enrique Otero, (natural de Couzadoiro, Ortigueira). Protagonizada por Miguel de Lira e Sergio Zearreta, a película foi rodada no ano 2010 en Espasante, Mañón, Portomarín e Compostela.
Crebinsky proxectouse por moitas salas de cine de todo o Estado. Acadou varios premios Mestre Mateo, foi premiada tamén no festival de cine español de Málaga, ou no de Oaxaca en México.
Outros lugares onde se proxectou foron Corea do Sur ou París.
A música da película foi levada ao directo pola Banda Crebinsky
E será precisamente o acordeonista desta banda, Vadím Yukhnevich o que pechará a tarde cun concerto ao vivo.
PROGRAMA:
18h. Exposición de pinturas en crebas, Presentación do libro A PAUSA de Ana Moreiras
19h. Proxección da película CREBINSKY e coloquio.
21:30h Concerto do acordeonista VADÍM YUKHNEVICH






















O programa inclúe inscricións, concertos, exhibicións, rutas e exposición de vehículos. Con motivo do evento, haberá cambios temporais de tráfico no casco urbano, con prohibicións de circulación e estacionamento en varias rúas e modificacións de sentido. O Concello pide á veciñanza que respecte a sinalización para garantir o correcto desenvolvemento das actividades.
A piscina abrirá de luns a venres de 8:30 a 13:00 e de 15:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. O ximnasio manterá horario continuo de luns a venres, de 8:30 a 22:00, e os sábados de 8:30 a 14:30. A tempada arrinca tras diversas melloras nas instalacións, entre elas a renovación da cuberta do polideportivo, cun investimento de 195.000 euros, así como a substitución de portas de emerxencia, a intervención en pontóns das piscinas e o cambio das huellas de volteo. O Concello continúa así reforzando o mantemento e a seguridade dun complexo utilizado diariamente por numerosos veciños e deportistas.
Este luns, 14 de setembro, visitaron Mondoñedo, a Praia das Catedrais e Santa Cruz. A viaxe evocou as lecturas de Cunqueiro e as súas Crónicas do sochantre, nun percorrido que incluíu a catedral mindoniense e o barrio dos Muíños, ademais da emblemática praia de Augas Santas. Pola tarde participaron nunha exhibición de billarda grazas á estimable colaboración dos billardeiros da comarca. O martes partiron de regreso a Loktudi.
A conselleira do Medio Rural, María José Gómez, acompañada pola directora xeral de Relacións Institucionais e Parlamentarias, Sandra Vázquez, e a directora xeral de Urbanismo, Encarnación Rivas, asistiu á ofrenda da Virxe dos Remedios en Mondoñedo.
O director xeral agradeceu aos membros e traballadores da entidade todo o seu labor na defensa dos dereitos dos máis novos. Deste xeito, puxo en valor a súa traxectoria e o compromiso cun modelo integrador e inclusivo no que os menores do sistema de protección vivan nunha contorna totalmente familiar. Neste sentido, Jacobo Rey fixo fincapé na importancia da colaboración entre a Xunta e o tecido social para seguir fortalecendo un sistema que garanta o benestar dos nenos e adolescentes, con centros como San Aníbal que conforman un auténtico fogar.
Na IV Festa dos Ovos Rotos con Chourizo e Feira de Artesanía, María José Gómez puxo en valor a importancia económica e social deste produto e o papel da artesanía alimentaria, con sete operadores presentes. Subliñou que o evento consolídase como unha cita que promove a gastronomía galega e recupera oficios tradicionais, dinamizando a vida económica e social de Castro de Rei.
Este luns, 14 de setembro, deu comezo un novo curso de español dirixido a persoas estranxeiras da man de Ecos do Sur, que se desenvolverá ata o 9 de outubro. A formación será dun total de 80 horas e as clases terán lugar de luns a venres, de 9:30 a 13:30 horas no Centro de Formación Ocupacional. O concelleiro de Inmigración, Mario Pillado, destacou o valor destas propostas para “facilitar ferramentas útiles ás persoas estranxeiras residentes no municipio e favorecer a súa integración, tanto social como administrativa”.



