Os obradoiros desenvolveranse de setembro a xuño en todas as comarcas e están dirixidos principalmente a persoas maiores ou situación de desemprego, xente moza e mulleres do rural, aínda que están abertos a todas as idades e colectivos
Lugo, 4 de setembro de 2025. O Presidente da Deputación de Lugo, José Tomé Roca, deu a coñecer este xoves na Sala de Xuntas do Pazo de San Marcos o programa E para dixitalizarse Lugo, o proxecto que ofrece 640 accións formativas -gratuítas e presencias- en competencias dixitais a preto de 5.000 veciños e veciñas do rural da provincia. Os obradoiros desenvolveranse de setembro a xuño en todas as comarcas e as persoas interesadas poden consultar toda a información sobre os cursos, así como formalizar a súa inscrición a través da páxina web da institución provincial e na web https://yparadigitalizarselugo.com/.
No acto de presentación, ao que tamén asistiu o Deputado de Promoción Económica e Social, Pablo Rivera Capón, Tomé Roca subliñou que “tras o éxito do programa Impulsa TIC, dotado con 4,4M€, que permitiu dar un salto adiante na dixitalización dos concellos da provincia de Lugo, detectamos que tamén os veciños e veciñas precisaban ferramentas para dar ese mesmo paso. Porque de nada serve que a administración avance se a cidadanía non ten os coñecementos necesarios para aproveitar todos eses servizos e oportunidades”.
Definiu este proxecto como unha iniciativa “pioneira e fundamental” para a provincia de Lugo e recordou que está financiado con medio millón de euros de fondos europeos captados pola Deputación ao abeiro do Reto Rural Dixital, dentro do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia da Unión Europea. Un investimento que demostra o compromiso da Deputación por achegar novas oportunidades a toda a cidadanía, vivan onde vivan”.
As formacións comezarán este mes de setembro e, aínda que está pensado para todas as idades e colectivos, “fai un especial esforzo en apoiar a persoas maiores, para que gañen autonomía; xente moza para que poida reforzar as súas competencias dixitais; persoas no paro para que poidan atopar emprego; e tamén mulleres do rural, porque somos conscientes de que conforman un colectivo fundamental para a dinamización social e económica da nosa provincia”.
As formacións están deseñadas para que os participantes adquiran ou melloren coñecementos sobre o uso do ordenador ou o teléfono móbil, a firma dixital, a Chave365 ou a sede electrónica das administracións. Ademais, no calendario de propostas formativas tamén se enmarcan outras moitas relacionadas coa realización de transferencias bancarias online, aplicacións para atopar emprego, ou obradoiros sobre protección ante estadas, acoso ou o uso inseguro de internet. Nesta liña, o mandatario provincial recalcou que “se trata de que a tecnoloxía estea ao servizo das persoas, que mellore as súas vidas e que fortaleza a comunicación entre xeracións”.
Recordou tamén o Presidente que “este proxecto é unha mostra clara do papel da Deputación de Lugo como Concello dos Concellos. Estamos ao carón de todos os municipios da provincia, sobre todo dos máis pequenos, levando servizos e oportunidades que doutro xeito non terían. Queremos contribuír a que vivir no rural da provincia de Lugo sexa sinónimo de oportunidade, modernidade e futuro”.
Máis de 18M€ captados en fondos europeos
Por último, o máximo representante da institución provincial sinalou tamén que “a posta en marcha deste proxecto demostra, unha vez máis, a capacidade do Goberno da Deputación para captar fondos europeos, que xa superan os 18 millóns de euros dende o ano 2019. Grazas a estes recursos puidemos desenvolver proxectos clave para frear o despoboamento no rural e modernizar os concellos da provincia, como os programas Xeopadrón ou Impulsa TIC”.
























A restrición de circulación manterase durante a xornada mentres se desenvolvan os labores, que teñen como obxectivo garantir a seguridade viaria e facilitar a execución dos traballos. Durante este tempo, as persoas que necesiten acceder ás zonas de Santo Albites, Pénjamo ou San Lázaro deberán facelo polo acceso de Río dos Foles. O Concello de Viveiro agradece a comprensión da veciñanza e recomenda extremar a precaución e seguir a sinalización habilitada mentres duren os traballos.
Félix Jorquera pasará polos micrófonos de RadioVoz ao concelleiro de Mar, Ramiro Fernández; á presidenta de Ledicia (entidade organizadora), Rocío Rivera; ao presidente da Fedaración estatal de confraría de pescadores, Basilio Otero; ao xerente de Expomar, José Manuel González; ao membro de Fanto Fantini (entidade organizadora do Festival Osa do Mar), Diego Campo; á pregoeira Paula Jorge Hora; ao cociñeiro Bruno Pena e á alcaldesa e Presidenta da Deputación, Carmela López.
Comezou o mércores ás 13,35 horas e para a súa extinción mobilizáronse, ata o de agora, 2 técnicos, 10 axentes, 20 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 3 helicópteros e 2 avións.
O obxectivo deste aviso é que a cidadanía coñeza esta circunstancia con antelación e, especialmente, que as persoas con sensibilidade aos ruídos, así como as persoas propietarias de animais de compañía, poidan adoptar as medidas que consideren oportunas. O Concello agradece a comprensión e a colaboración durante estes días de celebración.
A obra, dirixida por Pepablo Patinho e preparada por rapaces de 10 a 14 anos ao longo do curso, servirá de antesala ao certame e permitirá visibilizar o labor formativo da Escola e o compromiso de Cariño co teatro desde idades temperás. O Concello anima á veciñanza e visitantes a asistir a esta cita que marca o inicio dunha nova edición na que o teatro volverá situar a vila como referente cultural galego.
O acto terá lugar ás 18:30 no paseo da Dársena, onde se instalará un hito que lembra a súa distinción como Fillo Predilecto de Navia. Tamén se descubrirá a placa dos gañadores absolutos da LXVII edición do Descenso, celebrada en 2025. “Moreno”, falecido en 2023, dedicou máis de seis décadas a impulsar esta cita deportiva, converténdoa nun referente nacional e internacional. A alcaldesa, Ana Isabel Fernández, destacou que foi “a alma máter do Descenso” e convidou á veciñanza e participantes a asistir ao acto de recoñecemento.
Autoridades autonómicas, municipais e representantes da Apehl acompañaron o anuncio. O estand da marca estará na zona VIP da saída de cada etapa, onde se ofrecerán petiscos con produtos lucenses e material promocional, incluída a guía turístico-gastronómica. Cheché Real destacou a continuidade do proxecto e agradeceu o apoio institucional. A acción conta coa colaboración de numerosos consellos reguladores, entidades agroalimentarias e empresas da provincia.



