Os socialistas denuncian que a Xunta recorta profesorado en centros con máis alumnado, incumpre as ratios pactadas cos sindicatos e repite erros xa corrixidos no curso anterior
Lugo, 13 de setembro de 2025. O Grupo Provincial Socialista vén de rexistrar unha moción para reclamar á Xunta de Galicia que poña fin aos recortes educativos que están a deteriorar a calidade da ensinanza pública no rural. A iniciativa socialista, que se debaterá no vindeiro Pleno da Deputación de Lugo, denuncia que, maila que Galicia perdeu máis de 20.000 alumnos nos últimos cinco anos, a Xunta segue reducindo cadros docentes, modificando unilateralmente os acordos cos sindicatos, suprimindo desdobres xa implantados e deixando sen cubrir especialistas ou docentes de apoio.
Segundo o Grupo Socialista, “trátase dunha política que repite erros xa corrixidos no curso pasado e castiga con especial dureza aos centros do rural, onde cada praza eliminada supón un retroceso na igualdade de oportunidades”.
A moción recolle tamén as queixas das familias e das ANPAS que, un ano máis, tiveron que mobilizarse para reclamar profesorado suficiente e denunciar o incumprimento das ratios pactadas. O texto pon exemplos concretos desta política de recortes en diferentes concellos da provincia: no CEIP Virxe da Luz de Portomarín, a Xunta eliminou un cuarto profesor de Primaria e deixou sen cubrir a praza de Inglés; no CEIP do Páramo, decidiu agrupar alumnado de diferentes ciclos e idades en só dúas aulas; e no CEIP Península da Paz de San Cibrao, a dirección e a ANPA tiveron que solicitar que se mantivese o desdobre dunha aula con 23 alumnos, xa aplicado no curso anterior.
A voceira provincial do PSdeG, Pilar García Porto, denunciou que “nos centros con máis alumnado matriculado, a Xunta do PP recorta profesorado, incumpre as ratios de agrupamento asinadas cos sindicatos e nin sequera mantén as solucións que tiveron que aceptar o curso pasado pola mobilización das familias”. E engadiu: “O caso do CEIP Virxe da Luz non é unha anécdota: é un exemplo do sen sentido que rexe a xestión educativa da Xunta de Galicia”.
A través desta moción, o PSdeG esixe que a Xunta manteña no CEIP Virxe da Luz de Portomarín o cadro docente do pasado curso, incluído o cuarto profesor de Primaria e que cubra de inmediato a praza de especialista en Inglés. Ademais, reclama que se respecten as ratios de agrupamento pactadas cos sindicatos en outubro de 2023, así como a garantía dun cadro docente suficiente en todos os colexios da provincia, especialmente nos do rural.
“Cada curso non se pode volver empezar repetindo os mesmos erros. A defensa dunha educación pública de calidade, gratuíta e universal é unha prioridade irrenunciable, porque dela depende a igualdade de oportunidades e o futuro do rural lucense”, conclúen os socialistas.




















Varios grupos participan en obradoiros de cestería na Devesa e de manualidades en Rinlo, Cinxe e As Anzas. A Área de Benestar Social, Saúde e Familia quere “potenciar deste xeito a convivencia e encher de propostas os locais sociais do noso concello e de entretemento ás persoas que viven nas parroquias de Ribadeo”.
A programación inclúe propostas variadas como cociña, manualidades, cestería, risoterapia, baile e poda, pensadas para ofrecer alternativas de lecer e fomentar un envellecemento activo entre a veciñanza. Desde o Concello destacan que as actividades “están a ter unha resposta moi positiva por parte dos veciños e veciñas”, o que demostra o interese por este tupo de propostas. Neste sentido, poñen en valor a importancia de promover este tipo de iniciativas, xa que “contribúen a promover un envellecemento activo e melloran a calidade de vida das persoas, xa que fomentan a participación social e serven como punto de encontro”.
O xurado profesional outorgou o primeiro premio ao Restaurante Ca Vitoriano por “El susurro del llagar”, seguido do Blanco Hotel Spa e de Los Olivos. No xurado popular, o triunfo foi para Los Olivos, acompañados no podio polo Novak Café e A Mar de Fondo. O Concello de Navia destacou o impacto do evento no dinamismo da vila e o papel clave da hostalaría como motor económico e turístico.
Fixoo no marco do Campionato Galego de Coctelería celebrado no Hostal dos Reis Católicos.
Ocorreu pasadas as 15:30 horas. Un traballador tivo que ser evacuado ao hospital logo de caerlle o tronco dunha árbore enriba mentres realizaba tarefas no monte en Cervo. Aínda que estaba liberado e consciente, precisaba asistencia sanitaria. Os profesionais de Urxencias Sanitarias de Galicia-061 trasladárono finalmente ao Hospital de Burela. Neste operativo tamén participaron a Garda Civil e a Policía Local de Cervo.
O presidente, José Manuel Gómez Puente, destacou o bo tempo e o reencontro do grupo nun percorrido de 22 km entre Pedrafita e Triacastela. A próxima etapa será o 1 de maio, entre Triacastela e Sarria, e xa está aberta a inscrición no teléfono 623 22 68 25.
Ás doce en punto, tres foguetes —un por cada palabra do nome oficial— foron lanzados desde O Castrodouro, capital histórica do termo municipal e orixe da localidade, pois alí, hai 806 anos, Afonso IX concedeu o título de vila e todo un distrito que administrar; episodio histórico do que deriva o nome do concello. Os veciños reunidos mostraron a súa satisfacción pola recuperación da denominación histórica, afirmando moitos deles que nunca deixaran de empregar o nome completo. Do mesmo xeito, os maiores agradeceron aos impulsores da iniciativa a restitución do topónimo que a historia legou ao municipio alfocés.



