Nota de prensa
O PARTIDO POPULAR DE FOZ CALIFICA DE ÉXITO A VISITA DE NUÑEZ FEIJOO PARA APOIAR O SEU CANDIDATO JAVIER CASTIÑEIRA
Foz, 30/11/10.- O Partido Popular de Foz calificou de éxito absoluto a cea mitin celebrada o pasado sábado na que tivo lugar a presentación pública do candidato desta formación á Alcaldía nas videiras eleccións municipais do 2011, Javier Jorge Castiñeira, e á que asistiron, entre outros, o presidente dos populares galegos Alberto Núñez Feijoo, o presidente provincial Xosé Manuel Barreiro, o Secretario provincial Xosé Manuel Balseiro e a Delegada territorial da Xunta en Lugo Raquel Arias.
Os populares de Foz amosaron a súa satisfacción porque no encontro participaran preto de 600 persoas, entre afiliados, simpatizantes e amigos, ademais de alcaldes, voceiros municipais e candidatos dos concellos veciños, desbordando incluso as previsións iniciais. Un respaldo que pon de manifesto a gran expectativa xerada polo seu candidato, que estivo arroupado ademais polos máximos responsables do PP no ámbito rexional e provincial, así como local, co presidente da xestora Ramón Fernández á cabeza.
O PP de Foz felicitouse tamén porque nesta cea mitin falouse do futuro próximo de Foz, do seu potencial turístico e de novos proxectos. Salientaron a este respecto a importante actuación que quere impulsar Castiñeira na explanada da dársena do porto. Afectará, en concreto, a máis de 15.000 m2, e contempla suprimir os edificios da antiga fabrica de xeo, que actualmente están en desuso, e a lonxa, iconos do feísmo arquitectónico, e sustituilos por outros máis adaptados, integradores e transparentes, que albergarán a nave de redes,novas chabolas e taller, entre outros servizos para a actividade pesqueira. A iniciativa inclúe tamén a recuperación das antigas chabolas e a súa reconversión en locais municipais, que despois poderán ser usadas por asociacións e colectivos da máis diversa índole.
Crear o novo xardín da segunda rambla na explanada situada fronte as antigas chabolas, pavimentar e modernizar a explanada onde se instala o mercado, e facer por todo o muro do muelle un paseo náutico dende a punta do muelle aos asteleiros, aproveitando a ubicación do novo porto deportivo con mais de 300 amarres, unha vez se estude e realice unha actuación de contención submariña, que non supoña ningunha agresión medioambental, para formar unha exclusa natural, unha balsa con mais de 10.000 metros cadrados de auga con calado de 2,5 metros, unha vez se drague a zona, son outras das iniciativas propostas polo candidato popular.
Castiñeira pretendente ademais ubicar un novo centro de ocio fronte a piscina, onde se podan instalar cines ou outros locais de ocio para os xóvenes focenses, que actualmente carecen de instalacións deste tipo.
Estas actuacións estarían intimamente ligadas ao plan de excelencia turística que pretende implantar Javier Castiñeira, encamiñado a ordear e unificar os criterios de actuación de cara a mellorar o aspecto do pobo e a súa oferta turística. Unha proposta que aposta pola promoción dun turismo de calidade, ordenado e limpo, que satisfaga as necesidades do pobo e, ó tempo, sexa atractivo para que os inversores da zona ou foráneos aposten por Foz e creen novos postos de traballo.
Castiñeira non quixo desvelar máis detalles do seu programa posto que, segundo indicou, queda moito tempo para ir desgranandoo, aínda que adiantou que facer o xeriátrico e un centro de día durante a próxima lexislatura é unha das súas prioridades. Proba delo é, segundo dixo, que o mes pasado solicitou ao Parlamento de Galicia, por mediación do deputado Xosé Manuel Balseiro, que se inicien os trámites pertinentes para conquerir este obxectivo, principiando pola realización dun estudo de viabilidade.
Tamén falou da necesidade de dotar ao campo de fútbol municipal de céspede artificial para que reúna as condicións axeitadas para a práctica deportiva.
Para os populares de Foz outro aspecto a salientar é a xuntanza que eles mesmos promoveron entre a comisión pola defensa das urxencia 24 horas e o presidente da Xunta. Na reunión, celebrada antes da cea mitin, participaron, ademais do propio Núñez Feijoo, catro representantes da comisión, o presidente dos populares lucenses José Manuel Barreiro e o propio Javier Castiñeira. Para os populares focenses este tipo de xestións deixan patenten a súa disposición a participar e contribuir co seu traballo e xestión a defender os intereses de todos os focenses.




















O actor e humorista continuará a súa xira pola comarca e presentará esta mesma proposta en Burela o venres 27 de marzo, ás 21:00 horas, na Casa da Cultura. O monólogo combina imaxes e historias, con contidos novos e outros xa coñecidos, sempre cun humor moi persoal. A función está recomendada para maiores de 14 anos e as entradas, a 5 euros, poderán adquirirse no despacho de billetes desde unha hora antes. O evento conta coa colaboración do Concello de Burela, a Xunta de Galicia, a Agadic e a Rede Galega de Teatros e Auditorios.
A Guía Repsol destaca 24 locais galegos como Soletes de primavera para gozar nesta Semana Santa. Galicia suma xa 357 establecementos recoñecidos con este distintivo, que non se renova nin se revalida, senón que se concede como categoría única. Na provincia de Lugo figuran seis Soletes: ‘Caserío Meiroi’ (Navia de Suarna), ‘Ebos’ (Vilalba), ‘Faragullas’ (Mondoñedo), ‘La Salina’ (Sarria), ‘Ramón’ (Lugo) e ‘Trespés’ (Monforte de Lemos).
López agradeceu á Academia Galega do Audiovisual por escoller Lugo e destacou a importancia do evento para visibilizar o talento local e o apoio provincial ao sector. A gala contou cunha ampla representación lucense: Nuno Pico e Xaime Miranda polo videoclip Antes fun moi malo; Fran Fórneas e Sergio Marey por Ferido do Xoán; Sabela Ramil e Andrea Mesa por Non cho podo dar; o dúo Fillas de Cassandra; e o burelés Breixo Llano, do equipo de Cos pés na terra. Ademais, a película Sirāt, do naviego Oliver Laxe, foi unha das grandes favoritas con 14
O acto institucional, celebrado este venres, contou coa participación da directora xeral de Igualdade do Principado e coa música de Clandestías.
Habilitarase o Rego das Flores. Desde o Concello recoméndase á cidadanía ter en conta esta incidencia nos seus desprazamentos mentres se manteña a restrición.
A cita celebrarase en Burela entre os días 4 e 6 de setembro, e xa están confirmadas preto dunha ducia de actuacións, entre elas as de Arume, Depedro, Éxtasis, Gara Durán, Juventude o La Milagrosa. O Goberno galego vén cooperando cos organizadores do festival, “que alcanza a súa duodécima edición consolidado como un motor de dinamización económica y cultural para a localidade”, afirmou Arias.
Será un concerto acústico e intimista, pensado para gozar da súa música nun formato próximo. Entrada libre ata completar aforo.



