O Concello organiza obradoiros, accións de sensibilización, deporte e cultura arredor da mobilidade sostible e accesible
Burela, 16 de setembro de 2025. O Concello de Burela dá comezo hoxe á Semana Europea da Mobilidade, que se desenvolverá ata o 22 de setembro baixo o lema “Combina e móvete!”. Durante estes días a veciñanza poderá participar en talleres de educación viaria, charlas sobre seguridade, accións deportivas, obradoiros de saúde, música, xogos, iniciativas para fomentar o uso da bicicleta eléctrica e cursos de condución eficiente, ademais de propostas específicas arredor da mobilidade accesible.
Un dos puntos centrais será o stand informativo do Plan de Mobilidade Urbana Sostible (PMUS), que estará situado na Praza do Concello o mércores 17, o xoves 18 e o luns 22 en horario de mañá. Neste espazo explicarase á cidadanía o contido do plan, resolveranse dúbidas e recolleranse achegas. A alcaldesa de Burela, Carmela López, sinalou que “este plan naceu dun proceso participativo e público xa presentado en Burela, pero queremos volver poñelo no centro, explicar os cambios, aclarar dúbidas e seguir informando á veciñanza”.
A programación abrangue dende a educación viaria nas escolas e actividades de saúde ata ensaios musicais, unha andaina saudable, xogos tradicionais, espectáculos de rúa, chocolatada e actuacións culturais abertas á participación de toda a cidadanía.
Ademais, durante varias xornadas funcionará un sistema de préstamo de bicicletas eléctricas na Praza do Concello, e a autoescola local impartirá un curso de condución eficiente con vehículos eléctricos e híbridos.
A concelleira de Cultura, Lina Gómez, destacou que “esta semana serve para abrir espazos de reflexión, participación e aprendizaxe compartida sobre como nos movemos en Burela, e ao mesmo tempo ofrece actividades lúdicas e culturais para todas as idades”.




















O Concello de Navia presenta este sábado 28 de febreiro, ás 12:00 h no Casino, o libro Tras las huellas de Campoamor en Alicante, de Luján Martínez Suárez. Ademais, adquiriu un valioso volume da RAE de 1865, que inclúe un discurso seu orixinal. O exemplar incorporarase á Biblioteca Municipal, ampliando o fondo dedicado ao poeta.
O Dúo Eclipse será o encargado de poñer a música nunha nova tarde-noite chea de ritmo, baile e bo ambiente no Guateque de Arruguiñas. A cita é este sábado, 28 de febreiro na Casa do Mar de San Cibrao ás 19:30 h. Ademais, o alumnado de 2º de Bacharelato, en colaboración coa Oficina de Voluntariado Xuvenil, ofrecerá bingo e chocolate para completar a festa. O evento conta tamén coa colaboración da Asociación de Xubilados Terramar.
O Restaurante Oviedo-2 será o encargado de elaborar o caldo, o compango e as filloas de sobremesa. O acto incluirá tamén lectura de poemas e música, coa participación de Eli García-Bouso, que interpretará algunhas pezas inspiradas en Rosalía de Castro. O prezo do xantar será de 15 euros para socios/as e 20 euros para non socios/as. As persoas interesadas poden inscribirse enviando un correo a agrupacionfranciscolanza@gmail.com ou mediante unha mensaxe de WhatsApp ao 699 809 606.
Neste espazo radiofónico, de 12 a 14 horas, Félix Jorquera falará coa directora do IES de Foz, Leticia Maseda, co coordinador do evento, José Ríos, así como con alumnado e profesorado participante e moi implicado nos Campionatos Internacionais de Baristas e Catas de Café, que estes días enchen Foz de xente e de aroma cafeteiro.
Os propietarios, Javier Montero e Tita Iglesias, recolleron o recoñecemento na Coruña, agradecendo o apoio da clientela, do seu equipo —formado integramente por mulleres— e da propia guía. O establecemento mantén esta recomendación desde 2021 e suma tamén un Sol Repsol, obtido en 2024 e renovado para 2026. O hotel restaurante Javier Montero abriu as súas portas en novembro de 2018.
Unha comedia orientada para público adulto dirixida por Cándido Pazó. Hora: 20.30. Sipnose: 1880, Curros Enríquez é denunciado polo bispo de Ourense por uns poemas do seu libro Aires da miña terra, un dos piares do Rexurdimento Galego. A pesar da opinión contraria do fiscal, un xuíz dá curso á denuncia e o célebre escritor é procesado e condenado.
A xornada comezou cun aperitivo no bar O Colorado, onde os socios se reuniron para o tradicional brinde previo ao xantar. O encontro continuou no Restaurante Asturias nun ambiente de fraternidade, gozando dun cocido digno de exaltación e dunha longa sobremesa. Durante a velada, os asistentes compartiron lembranzas e falaron das actividades que a asociación prepara para o futuro, nun ano no que Os Cacholeiros se achegan ao seu 35º aniversario. A entidade aproveita esta celebración para reivindicar unha vez máis os pratos tradicionais, elaborados con produtos locais e de tempada, e o labor dos establecementos hostaleiros do concello e da comarca.



